A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ESPÉRTAME!


Espértame!
A luz do abrente
cae sobre min e estou durmida!
Onde estás?
Vexo mil luces
amontoadas na area
e cada amencer é un camiño sen retorno!
Que son? Un sono?
Ou son acaso un sono soñado?

Espértame!
Necesito aspirar o arume da vida,
sinxela e simple,
negra e cativa
cativa coma min,
con mil espazos nos que aniñan
espazos e distancias!
Eu son, sen máis, arume e luz…
Luz e beirarrúa, area e auga,
amencer e solpor
que se perde nun instante de inconsciencia.

Espértame,
pois o sono prendeu nas miñas pálpebras
e non quere fuxir.

Espértame!
Dáste conta?
Só quero que me espertes.
Quero ver a luz
do outono que me envolve.
Quero ver o meu sorriso
prendido nas follas
que o outono bambea.
Quero sentir o son das ondas
que me levan e me traen
ao mundo no que durme a distancia.

Quero ser!
Só ser!
Ser eu, simple e sinxela,
con sorrisos e con bágoas,
libre, eu, de maletas e discordias,
de sonos e de palabras.

Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (9) - Categoría: Varios - Publicado o 08-11-2010 06:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 As veces é millor seguir a durmir, Concha. Xulio segue a s#blgtk08#orprenderme, que gran fotógrafo. Saudos e grazas aos dous.
Comentario por A cruz da Campá (08-11-2010 23:13)
2 "Só quería durmir. A nena só quería durmir.
Cansa de bágoas silentes, de angurias sin fondo, de mares ruxindo,a nena, só quería durmir.
Cansa de loitas sin campo, de bullas mentidas na noite,nos días sin día, nas luces sin luz. CANSA, a nena, só quería durmir.
Durmir,cun soño infernal buscado no fondo dun armario #blgtk08#partido pola mitá,na brétema escura dunha noite sin fin, a nena,só quería durmir.
Só quería soñar que prendía un raíño de amor,que apañaba un vagalume na man.Bágoas da alma fundidas nas ondas, bágoas da nena.
Non pedía nada, nin xiquera espertar.
Só, alá abaixo, un alento de vida sin vivir, berra ¡MAMÁ!¡VEN MAMÁ!"
Comentario por ana (08-11-2010 23:42)
3 Noraboa por todos estos poemas que con tanta naturalidad#blgtk08#e escribes e que a min gústame tanto ler.
Un bico
Comentario por Loli Casares (09-11-2010 00:13)
4 Fantástica la foto. Provoca sensación de inquietud, la misma que provoca el poema, co#blgtk08#n ese Espértame entre admiraciones, como pidiendo a gritos.
Biquiños,
Comentario por Aldabra (10-11-2010 21:18)
5 Enhorabuena por tu fluidez literaria y domin#blgtk08#io del vocabulario.

biquiños
Comentario por Frabisa (11-11-2010 14:43)
6 As veces non hai que ter présa por espertarse, os soño#blgtk08#s tamén poden ser un bo lugar para sentir e realizarse.
Comentario por Raposo (11-11-2010 23:03)
7 Espértame,
pois o sono prendeu nas miñas pálpebras
e non quere fu#blgtk08#xir.

cantas ideas cos seus distintos matices caben nuns versos!
Comentario por Zeltia (13-11-2010 12:46)
8 E verdade que a fot#blgtk08#o é inquietante...
Comentario por Zeltia (13-11-2010 12:47)
9 Espertar é percibir, pero ás veces es#blgtk08#pertar é ver o suicidio dos soños....
Comentario por xan (13-11-2010 20:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.