A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MULLERES




Mulleres vestidas de fracaso
coa vertixe do incerto
asomando á cintura,
agardan nas rúas da soidade
que corpos frustrados polo desexo
se deteñan nas súas peles sen pasado.

Mulleres amarelas, vermellas, violetas,
negras mulleres, mulleres brancas,
escravas nos letreiros de neon,
en camiños negros e prazas desapiadadas,
en luxosas suites de cinco estrelas,
mulleres enloitadas e enlatadas
que engordan osamentas insensibles,
soterradas en campos de inmundicia.

Mulleres coma néboas estériles
que se abren paso a cotenadas co abrente
atoldando a súa transparencia.
Claridade rota dos cristais opacos
da esperanza
nacida coa andaina iniciada
máis alá dos mares da pobreza,
na procura dun horizonte virxe,
no que aniñe o seu sangue.

Mulleres encadeadas.

Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (13) - Categoría: Varios - Publicado o 25-10-2010 06:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 es admirable Concha, a exquisitez e a sensibilidade con que lle das forma aos teus versos petan directamente nos sentimentos.

quixera tamen felicitar ao autor das fotogr#blgtk08#afias, porque tamen me ten abraiada dende fai tempo.

o tamdem e perfecto, digno de pasar a formar parte das páxinas dun libriño :)

bicos e graciñas a ti.
Comentario por Merce (25-10-2010 17:52)
2 Noraboa polos teus poemas.
Noraboa, tamén, polo teu amor á nosa lingua. Con mulleres c#blgtk08#oma ti, Galicia non morrerá.
Refoxo? Non será Refoxos, entre Celanova e Cortegada...!
Comentario por Xesús Pereira Pérez (26-10-2010 02:35)
3 Xa che dixen nalgunha ocasión, que o meu non é comentar poesía. Pero si#blgtk08# que sei o que me gusta e o que non, as túas gustanme e moito. Grazas.
Comentario por A cruz da Campá (26-10-2010 09:26)
4 mulleres doentes, todas elas son#blgtk08# mulleres doentes.
bicos,
Comentario por Aldabra (26-10-2010 14:46)
5 Encadeadas nun círculo que volta e volta…sen fin.
Encadeadas ao tempo sen volta atrás…
Felicito eu tamén, ademai#blgtk08#s dos teus excelentes versos, a Xulio, que chega coas súas fotos a poñer o puntiño neles.
Unha aperta aos dous.
Comentario por piteira (26-10-2010 22:07)
6 Por vezes passo os olhos nos teus poemas e fico encan#blgtk08#tada. Este então está formidával.
Bicos.Maria
Comentario por Maria (27-10-2010 23:20)
7 Mulleres encadeadas (por miles) que chegan a sentir o peso da non libe#blgtk08#rtade e outras que nin a coñecen. Sempre me deixas cavilando. Apertiña
Comentario por maribel-bel (28-10-2010 11:41)
8 joder concha! vaia poema adicado ás prostitutas!, ás mulleres "que se abren pa#blgtk08#so a cotenadas co abrente"

estás que desbordas.

Comentario por Zeltia (29-10-2010 23:34)
9 Algo falla na sociedade cando a prostitución se converte en obxectivo das m#blgtk08#afias e move tanto diñeiro. Fermosos versos para un tema duro e vergonzoso!
Comentario por Raposo (30-10-2010 16:34)
10 É unha triste realidade. A sensibilidade túa contando as cousas fainos máis #blgtk08#humanos. Noraboa e grazas por compartir a tenrura e a armonía das palabras.
Comentario por Milprimaveras (30-10-2010 18:47)
11 Imponente definición o de abrirse paso a cotenadas.
Non so debuxas coa semántica. Tamén o fas co#blgtk08#a métrica. Fixeches un fermoso xarrón. Terei tino de non rompelo ó escribirlle debaixo...
Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (01-11-2010 11:54)
12 ¡Puf!, fai un anaco que releo e non sen quen de dicir ou engadir mais.
Fiseches un retrato de unha determinada muller que, no#blgtk08# fondo, o millor somos calquera de nos.
A túa poesía, non esta soa, todas, é intensa, fermosa e estremecedora.
Bicos.
Comentario por Ana (01-11-2010 12:14)
13 Fermoso poema adicado ao oficio más vello do mundo que, desgraciadamente, non foi erradicado, senón que nestes momentos segue a facerse polas rúas. Danme autentica pena esas mulleres que se ven na obriga de comerciar co seu corpo, ás vece#blgtk08#s para popder manter unha familia que teñen lonxana e outras, e isto e pior, porque foron engañadas por mafias que lles prometiron outra tarefea como é a do servicio doméstico.
A tua poesia é puramente de denuncia.
Agasallos
Comentario por Albino (06-11-2010 11:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.