A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV - AROS DE FUME

É este o tempo,
no que a ledicia ferve nas sabas
e os soños cantan alporizados
de mañanciña?
É este o tempo,
no que se pechan as fiestras e as miradas
ao caer a tarde?
É este o tempo,
no que non se escoita máis ca o latexo
dun corazón noutro?
É este o tempo,
no que as rúas se derreten cos meus pasos
e se enchen cos sons do silencio?
É este o tempo,
no que non hai tempo de repouso
e no que o tempo sae
do meu tempo?

Un segundo,
para fundir a ledicia no pranto,
para que o sangue flúa polas veas
premendo os miolos,
para que unha ollada diga máis
ca todas as palabras recollidas
no diccionario...
Un segundo,
no que miro sen ver
e vexo sen mirar
como saen dos meus dedos
aros de fume...

Un segundo
para ser só iso,
un segundo,
libre, por fin...


Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (11) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 16-10-2010 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Si, este é o tempo#blgtk08#!!
Gustei.
Comentario por Raposo (19-10-2010 13:05)
2 ...un segundo para que unha ollada diga máis ca todas as palabras recollidas
no diccionario...

neste tempo#blgtk08#, para tí tan ocupado
e para min, xardín de cores.
[lástima que teña que axustar algo corpo e mente... cajonatós]
Comentario por Zeltia (19-10-2010 14:36)
3 Non sei se "E este é o tempo no, que a ledicia ferve nas sabas e os sonos cantan alporizados...", pero a min o que#blgtk08# me alporiza é sair cedo de entre as sabas nestes tempo, no que empeza a arremeter a friaxe. jaja, grazas Concha.
Comentario por A cruz da Campá (19-10-2010 15:07)
4 Hola, Concha!!

Gracias por tu comentario!!

Que sepas que me gusta muchísimo lo que escribes, pero hay una parcela en la que#blgtk08# me siento especialmente torpe, y es comentado poesía. Siempre pienso que o me quedo corta o me paso, así que sabrás perdonarme.

Biquiños
Comentario por Frabisa (20-10-2010 08:41)
5 Ola Concha. Pasei algunhas veces por ter visto o teu blogue comentando por aí. #blgtk08# /> Hoxe vou enlazarche, xa con calma
Encantoume o poema.
Bicos.
Comentario por Ana (22-10-2010 12:48)
6 Lástima. Me dice que no se ve feed y que por lo tanto no se actu#blgtk08#alizará. TEndré que recordarte para venir y leer.
Bicos.
Comentario por Ana (22-10-2010 12:55)
7 Un segundo para lerte e entenderte e sab#blgtk08#orearte e encherme de poesía. Precioso.
Comentario por maribel-bel (22-10-2010 17:50)
8 Importante que este sexa o tempo. Máis important#blgtk08#e aínda decatarse!

Bicos en aros
Comentario por Chousa da Alcandra (22-10-2010 23:31)
9 Son tempos de pechas fiest#blgtk08#ras e arrimarse ao calor.
Comentario por paideleo (23-10-2010 19:53)
10 ¿os aros de fume son os do tabaco?,,#blgtk08#, ai, ai, ai.

bicos,
Comentario por Aldabra (26-10-2010 14:44)
11 Hoxe volvín dar unha voltiña por aquí,
e dende logo,
#blgtk08#> non é tempo perdido.
Gústame ler estas tuas cousiñas.
Comentario por Zeltia (27-12-2010 15:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.