A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XI - COMPAÑEIRA

Quixera axitar o silencio dos teus pasos
con palabras de rosa e violeta
e deixar unha pegada de airexa verde no teu cabelo.

Quixera iluminar a túa pálida pel
coas luces que desprende o vento
e pintar de carmín a túa sombra.

Quixera acariñar o teu sorriso
cos sons de seda dos meus soños
e facer meus os teus soños
e soñar xuntas
e espertar no abismo das inquedanzas
do camiño, para logo,
remontar o voo e chegar á eternidade.

Quixera, gran amiga, doce amante,
irmá querida,
ser a túa voz, o teu aroma,
a túa lingua, a túa luz,
e encher coa miña ledicia a túa alma doente,
desesperada e escura,
e ser a apracible esperanza
que durma no teu colo
cando o inverno cubra de branco
a nosa andaina.

Concha L. F.
Comentarios (13) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 04-10-2010 19:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 Fermosos versos, cheos d#blgtk08#e tenrura e sentimento.
Comentario por Raposo (05-10-2010 10:48)
2 A un esgotanselle as palabras para definir os teus poemas. Sigote e moitas veces non sei o que che vou poñer p#blgtk08#orque non dou chegado a manifestar canta sensibilidade e fermosura desprenden.

Un bico enorme.
Comentario por Merce (05-10-2010 16:45)
3 Pásame como a Merce, léote pretiño, entonando as palabras dende o sent#blgtk08#imento máis precioso. Gústame moito perderme nas túas verbas. Biquiños
Comentario por maribel-bel (05-10-2010 18:49)
4 Como se agradece cando un ten a súa alma doente,
desesperada e escura,
que alguén que nos ama no#blgtk08#s regale a súa ledicia, nos agarime no seu colo amosándonos algo de esperanza, de paz, no medio da inquedanza.
Comentario por Zeltia (05-10-2010 20:06)
5 Non podo dicir o que me emociona este poema porque non teño o don da palabra. Gústame p#blgtk08#asar de cando en vez por aquí, sempre hai unha pequena xoia para gozar con ela. Grazas.
Comentario por Eva Carpente (08-10-2010 21:44)
6 Grazas Concha por compartir con #blgtk08#nos a beleza das túas palabras.
Comentario por A cruz da Campá (09-10-2010 09:38)
7 "Acariñar o teu sorriso cos sons de seda dos meus soños..."
Que máis se pode poñer para acariñar o noso espírito?
#blgtk08# Enches o noso espazo de ledicia co as palabras mais doces .
Un bico, Concha. E non deixes de facernos sentir.
Comentario por Xosé. (09-10-2010 11:28)
8 Outro biquiño, que me #blgtk08#quedei corto.
Comentario por Xosé. (09-10-2010 11:31)
9 Se eu tivese unha irmá e me escribe esto; direitamente #blgtk08#veríades unha Chousa derretida!!.

Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (11-10-2010 21:02)
10

• Boas e fermosos versos. A amistade e o mellor regalo.

#blgtk08#/> • bicos

CR & LMA
________________________________
Comentario por ñOCO Le bOLO (12-10-2010 21:50)
11 "Son unha onda.
Caio. Racho. Esmorezo. Chóro.

Onda sen destino,
só medrar e morrer
saloucando bágoas.

Mentres, na veira deste mar,
as fogueiras alumean
seres estranos.

Faíscas se pousan
mo meu agónico alento cando me vou,
cun andar lento, mar adentro.

Alá, co cume da noite,
un sorriso me despide,
un bico me roza.

Unha meniña me mira,
unha manciña atesoura
miñas perliñas de espuma.

Ela marcha cara ó día
no cima duna basoira.

Eu, marcho cara a noite." (Nunha noite de San Xoan)

"¿Qué vas a contar de mín
cando só sexa un recordo
esmorecendo no tempo
do teu espazo segredo?

¿Qué vas a contar, amor
de foliada, cando se acabe
teu soño nunha madrugada fría
coa saudade acechando?

¿Qué vas contar dunha
meiga perdida unha noite
dourada no cima da súa
basoira coa saia arreman#blgtk08#gada?"

"¿Fixeches as coletas ben feitas?
¿E lo lazo?
¿E...? Pos, hala, miña nena, dirfruta cada segundo a tope e pórtate ben. Quedo feliz de que marches. Algún día iremos xuntas e riremos outra vez" (19-4-08-Tí xa sabes).

EU SON A IRMÁ. ÉLA SABE QUE QUERO. NON CHE FAGO COMPETENCIA BONITIÑA, SÓ CHE QUERÍA ACIDAR ALGÚNS VERSOS ESCRITOS Ó DESGAIRE DE NOITES E UNHAS MENSAXES QUE CHE MANDEI TÍ SABES CÁNDO. GRACIAS IRMÁ POR EXISTIR, POR ESTA AHÍ.

"Aquí, na miña esquina,
coas miñas cervexas, o tabaco e o libro,teño lembranzas.
Fago castelos de area que mesturo
con bágoas de dentro
no silencio da noite,
enganando ó destino,
xogando coa vida e coa morte,
compañeira fiel de vivencias
de pasados e presentes
que fuxen
no lombo dunha estreliña
diminuta e fugaz.

Feliz troula, pequena.
O tempo no corre, voa.
A seu paso deixa pousos indelebles
para arrincar, no recordo,
un sorriso e unha bágoa"
Comentario por Ana (17-10-2010 01:55)
12 eu que non teño irmás, imaxina o que sinto ó leer o te#blgtk08#u poema... envexa sá e doce.

biquiños,
Comentario por Aldabra (26-10-2010 14:43)
13 A da foto es ti ou a túa ir#blgtk08#má? Parecédesvos un montón!
Comentario por (09-12-2010 16:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.