A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX - O CUARTO VERDE



O cuarto verde,
coma o verde da esperanza,
non ten máis ca catro cousas
desordenadas.

Folios, libros, regras,
apuntes, roupas, fotos...
todo gardado en caixas.

Unha cadeira, unha mesa,
unha alfombra raiada,
cortinas de caraveis,
unha verde almofada
e unha cama estreita...
estreita tamén a manta.

E nos andeis do armario,
esencias do teu recendo
cando esperta a madrugada.

Neno de limpo sorriso,
de ollos verdes,
de pel branca,
bótote tanto de menos
que a túa ausencia me manca.

Concha L. F.
Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 20-09-2010 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Moito se botan de menos...
pero un despois vaille collendo o ton:
mais tempo, mais liberdade, as horas de pasar xuntos mais intensas,
a relación mais nevela#blgtk08#da -de adulto a adulto-
non sei... todo non é negativo na marcha dos rapaces da casa...
bueno, que che hei dicir, si me intentaches animar a min polo mesmo motivo
Comentario por Zeltia (22-09-2010 01:51)
2 Ten unha camiseta ben bonita. Se non fose can#blgtk08#teiro, copiaríalle o deseño.

Comentario por Chousa da Alcandra (22-09-2010 20:14)
3

• Mentras o carto esté, él tambén estará. E quizá, no faga falta o carto verde si a túa nola ten o carto en#blgtk08#tro.

• bicos

► CR ► LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (24-09-2010 12:26)
4 E, cómo se botan de menos!
Qué ben o dixe#blgtk08#ches, nena! Qué ben!
Unha aperta, Concha.
Comentario por Piteira (25-09-2010 03:39)
5 No se Gallego, pero tu escrito es tan nostalgico que me ll#blgtk08#ena de tristeza, como si me tocara algo de esa ausencia...
Comentario por Julieta (29-09-2010 01:20)
6 agora ten moito sentido este poema, a miña pequena Senia tamén voou e eu tamén a vota moito en falta.

e penso ¿es#blgtk08#tará ben? ¿terá morriña da casa?

ai, que demo!

biquiños,

p.d.: vexe un rapaz feliz.
Comentario por Aldabra (29-09-2010 21:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.