A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

QUEIXUMES E LEDICIAS
E non me queixo. Ás veces queixarse é bo, pois sempre hai alguén a carón de nós que nos bota unha man polo ombreiro, pero as máis non sirve de nada. Quen te quere ben, láiase contigo e sofre. Quen te quere mal, goza coa túa desgraza.
Non obstante, amosar ledicia xa é outra cousa ben diferente. As persoas que te queren ben, sinten ledicia contigo. Ás que te queren mal, próelle a envexa. E tendo en conta que a envexa é un pecado nacional, pois mellor andar o máis lonxe posible dela.
Ven isto a conto de que este ano (conto os anos por cursos académicos, deformación profesional) síntome leda. Non sei se é de verdade ou porque mo esixe o guión, pero síntome leda e tranquila. As cousas van encaixando no seu sito, pouco a pouco. Non teño esa sensación de que os ciclos se repiten, senón a de que as cousas son as mesmas de sempre, pero diferentes, pois muda o enfoque a cada paso.
Quizais a idade establece de seu as fronteiras entre as maneiras de sentir. Ou quizais sexa o sentir o que pon as fronteiras. Ou tal vez as persoas que están sen estar e as que non están, pero existen, coloquen a cereixa no alto do pastel. Ou ao mellor é que imos vendo que quen ven tras de nós tamén encaixa as súas pezas, queixándose, pero camiñando cara adiante... Que sei eu?
A vida é tan complexa, e tan sinxela a un tempo, que queixarse dela é tempo perdido. O mellor é gozala, con alfinetes e cravos, con arumes e luces, pero sempre intensa, conservando en cada poro eses diminutos grans de pó que nos aporta, sen varrelos dos nosos recantos, pois con eles imos construíndo o seguinte escano da escaleira que nos ha de levar á plenitude.
Darame tempo de chegar ao cume?

Concha L. F.
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 17-09-2010 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Jeje, recordacheme a meu tio, "Eu non me queixo" di firme, claro lle respondemos porque se te queixas quen ben che quere.#blgtk08#.., o dito que ti apuntache, Concha. Enton reponde il: "non, eu non me queixo porque non me vai servir pra nada". Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (17-09-2010 23:47)
2 Vémonos no cume? #blgtk08#Será interesante.
Comentario por TQV (18-09-2010 19:52)
3 O mellor é gozala, sen présas pero sen pausa.
Tés un agasallo no m#blgtk08#eu blog
http://aeiradebalixe.blogspot.com/2010/09/o-agasallo.html
Comentario por Eva G. Rei (20-09-2010 08:37)
4 Chegar o cume? Por suposto, si algo temos nesta vid#blgtk08#a é tempo, aínda que as veces non o pareza!
Comentario por Raposo (20-09-2010 20:37)
5 Se non da tempo é o mesmo. O caso e ir vivindo e, como dis, facelo do mellor xeito posible. Ir #blgtk08#cara adiante cos ollos os ouvidos, todos os sentidos, ben abertos e participando.
Bicos.
Comentario por Ana (21-09-2010 16:39)
6 pois eu queixome a cotío. ninguén se vai aledar, porque non esperto envexas.
E as veces os que me queren, se non lle lo digo, non poden saber que estou triste.
ademais eu teño voación de l#blgtk08#ocutora: vou radiando todo o que me pasa" -igualiño que se lle interesara a alguén-

Alédame que o curso novo lle traia ledicias... mira Kaplan que cabreado está co horario que lle tocou!
Comentario por Zeltia (22-09-2010 01:55)
7

• Tés razón. Non cambias as cousas, cambiamos nos y creemos que cambiamos o mundo.
#blgtk08# /> • bicos

► CR ► LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (24-09-2010 12:29)
8 pues si estás contenta me alegro por ti y contigo...

eu non son das que me queixo moi#blgtk08#to, o xustiño nada mais, que tampouco vai ir unha pola vida de superwoman.

biquiños,
Comentario por Aldabra (29-09-2010 21:21)
9 E se non chegamos ao cume, cando menos facemos camiño ata chegar a ver o mar, ou?#blgtk08# />
Paradiños nunca, iso si.

Apertas ao pe do río do outono.
Comentario por setesoles (18-10-2010 12:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.