A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENQUISA
Alguén me mandou unha invitación para responder unhas cuestións e a verdade é que non sei moi ben se empezar pola última, pola do medio ou, simplemente pola primeira, como se debe facer todo, desde o principio. Non é que eu sexa moito de enquisas (ou memes? O meu vocabulario non dá para modernidades), pero xa que Xenevra me convida, pois tirarei para adiante.


Canto tempo levas como blogger?
Apenas uns meses. Comecei abrinda a fiestra da miña gaiola en blogspot, por suxestión de Xulio López, quen un día me dixo que empregase as súas fotos para porlle imaxes aos meus poemas. Logo veu A nena do paraugas...

Como soubeches da existencia dos blogues?
Non sabería dicilo. Supoño que buceando pola rede, coma todo o mundo. Logo, o blogue do ENL do CPI de Maside foi o meu referente para seguir.

Nomea cinco blogues que sigas diariamente ou con moita frecuencia.
Sigo diariamente máis dos que teño tempo de ler, pero se teño que mentar 5, aínda a risco de que alguén se mosquee, Cristal Rasgado, O Piteira, Xenevra, Tiñádelo que ver, Zeltia...

Es lector anónimo dalgún blogue?
Leo moitos, si. A lectura sempre é anónima. Comento algúns, pero sen anonimato, gústame ir de fronte.

Algúns autores que che esperten especial simpatía.
Cada persoa que leo ou de quen miro (e admiro) con detenemento as imaxes que aporta ten algo que comunicarme. Iso xa é suficiente.

Con qué cinco bloggers irías de esmorga?
Son pequena e non me deixan saír de esmorga. A parte disto, tampouco é que a esmorga sexa uns dos meus divertimentos favoritos.

Con qué blogueiro/a pasarías unha noite de loucura sexual?
O sexo é importante, pero hai cousas que o son moito máis. Son demasiado coidadosa coas miñas eleccións respecto do sexo sentido.

Namoraches algunha vez dalgún blogueiro ou blogueira?
Namoro das palabras e das imaxes, pero estes namoramentos virtuais... como que non me convencen.

Estás satisfeito co teu blogue?
Todo é mellorable. A miña GAIOLA e A nena do paraugas o son e moito. Non son moi hábil coas tecnoloxías.

Escolle entre 3 e 5 bloggers para que respondan estas preguntas nas súas bitácoras.
O mundo é demasiado grande (ou demasiado pequeno, segundo se mire) e non me gusta comprometer a ninguén. Se me permita a licenza, se é posible, deixar esta pregunta en branco. De non se me permitr, se me comunique e rectificarei esta resposta.


Concha L. F.
Comentarios (5) - Categoría: Eu son... - Publicado o 13-09-2010 07:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Grazas por pasarte polo meu blogue con certa frecuencia, e agradezo que mo fagas facer cos teus atinados coment#blgtk08#arios.
Ainda fuches valiente coas respostas, pero na última... pandaches! jajaja

Un bico
Comentario por Zeltia (13-09-2010 18:18)
2 Boh!, queria dicir "que m#blgtk08#o fagas saber"
:D
Comentario por Zeltia (13-09-2010 18:19)
3 A ti tamén che tocou este "virus" do meme iniciado por Kaplan dende Ítaca. E vexo que saiches moi airosa do env#blgtk08#ite. Un ano destes hei de inicar eu un e preguntarei ata a cor do cepillo de dentes de cada blogueir@!
Comentario por Chousa da Alcandra (13-09-2010 21:33)
4 Debe de ser que estudei Marketing, agora teñolle un#blgtk08#ha tirria as enquisas que non o sabedes ben. Saudos
Comentario por A cruz da Campá (14-09-2010 16:31)
5 a verdade é que este meme é bó de facer de queda moi ben sempre que#blgtk08# se resposte con sinceridade, como fas ti.

biquiños,
Comentario por Aldabra (15-09-2010 16:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.