A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIII - O CUARTO AZUL


A este corredor de silencio
xa non acode a ledicia
cos cabelos enredados,
envoltos en tea de araña.

A este corredor de silencio
xa non chega o preguiceiro
son da voz de adolescencia,
aínda pegado á almofada.

A este corredor de silencio
asoma, cada mañá,
un feble fío de luz
tinguido de ausencia laranxa.

En silencio o corredor.
O cuarto azul, en silencio.
O armario sen segredos,
hai pouca roupa e unha táboa.

E, nos estantes ocres,
lapis rotos e pintura,
remuíños de ideas e inquedanzas
penduradas do teito e dos lenzos...

Ti segues aquí, meu neno...
Aínda que estea baleira a cama.

Concha L. F.

Comentarios (11) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 08-09-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 ai, concha, qué morriña dos nosos "nenos"
#blgtk08#/> :)
un biquiño de morriña solidaria
Comentario por Zeltia (08-09-2010 13:14)
2 Do silencio e o baleiro tamén poden s#blgtk08#aír fermosos poemas.
Parabéns!
Comentario por Raposo (08-09-2010 18:31)
3 Non é incríbel todo canto imos deixando detrás nosa sen querer ao longo dese corredor de#blgtk08# silencio? lapis rotos, pintura, o son da voz da adolescencia... Que fermosas pegadas!
Comentario por TQV (08-09-2010 20:06)
4 Eu teño a sorte de ter de momento ao meu pequeno á miña beira e #blgtk08#non quero pensar nese futuro de pai medio orfo.
Un saúdo.
Comentario por pedrossexto@hotmail.com (08-09-2010 21:39)
5 E como non vou estar ahi #blgtk08#conchiña, dime ti como...
Comentario por pequeno (09-09-2010 18:01)
6 Miña nai querida:

Cantas veces me perdin
naqueles meus tempos mozos.
Canto loitaches por min
por veres satisfeitos os meus soños.
Cantas bagoas de#blgtk08#rramaron os teus ollos,
por non escoller eu ben
onde ficar cos meus saloucos.

Espero que me corrixas os castelanismos!

Graciñas por todo
Comentario por masi ben o teu pequeno (09-09-2010 18:46)
7 E a este corredor de silencio chego eu para profanar tan fermosas palabras cun xogo que andan espallando pola rede (a nosa#blgtk08# rede). Tes un embolando no meu blogue, glups
http://xenevra.blogspot.com/2010/09/o-embolado-do-chousa-compana.html
Comentario por xenevra (10-09-2010 03:14)
8 as persoas nunca se van de todo, nin tan siquera as que morren, algo delas queda dentro de nos, pegado as nosas cousas...
neste cuarto donde agora estou, escribíndote, está Raquel, aínda #blgtk08#que xa fai tres anos que morreu, a teño presente en varias fotos, nos libros que me colleu da estantería, no meu recordo... aínda vexo o seu sorriso entrando pola porta.

biquiños,
Comentario por Aldabra (10-09-2010 17:56)
9 Ídesme perdoar, pero o máis tenro comentario que alguén escribiu aquí é o do meu neno pequeno, aquel que mora, ás veces, no Cuarto Azul.
Paixón de nai.

Aldabra, non podo imaxinar a miña vida sin os meus nenos. Este é o meu pequeno, pero teño outro grande.
Non me van chegar os anos que viva para dar grazas por e#blgtk08#lo. Polos dous homes que deixaron cores nas paredes dos meus corredores. Cores que me aluman a diario e que están pendentes de min. Bicoume a fortuna ao poñelos no meu camiño.

Aos demais,grazas pola vosa fidelidade...
Algún día deixarei algo sobre o outro cuarto baleiro... E cheo ao mesmo tempo.

Grazas.
Comentario por A nena do paraugas (11-09-2010 21:17)
10 Os que somos pais "novatos", teño un neno de 17 meses, e estamos descubrindo o mundo do amor sin fronteiras, sin dor... non deixa de abraiarnos comentarios de xente mais expe#blgtk08#rimentada nestas lides. Pero o que máis nos asombra é que todo o que che podan contar que se fai por un fillo é pouco comparado co que descubres que chegarias a facer. Saudos
Comentario por A cruz da Campá (12-09-2010 14:04)
11

• Un cuarto azul
• Un blues azul
• Un canto triste
• Nunca un cuarto azul está vacío... cuando el cuarto azul ya te ha invadido el cuarto.#blgtk08#.. lo eres tú.
Aldabra sabe bien lo que dice.

• bicos azules

► CR ► LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (12-09-2010 18:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.