A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI - IDA E VOLTA

Devorando o tempo,
foxen as ondas e esvaecen os sentidos
nun berce de figuras fabulosas
que o vento pasea ao seu antollo.
Cos ollos fixos no universo indefinido
de cadrados ocres e amarelos
que se cerran e se abren
sobre círculos en verde,
descansa o inconsciente observando
os puntos que percorren as negras veas de asfalto.
E alá, no alto xeado
pola atmosfera distante,
mesturadas co ronco interminábel,
escóitanse unhas voces dormentes
e voan os soños cara ao horizonte
onde repousará a ilusión,
suxeita agora polas correas do medo.
Non lembro máis ca unha imaxe inexpresiva
no angosto corredor
ofrecendo nun idioma inintelixíbel,
sustento e calma.
Non lembro máis ca un segundo
sen alento nin sangue no labirinto branco,
e unha pel invisíbel que se eslúe
e desaparece envolta na ausencia de presente.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (7) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 30-08-2010 12:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Non cres que sempre se agacha un lugar marabillos#blgtk08#o nese alto xeado pola atmosfera distante? Será q
Comentario por TQV (01-09-2010 14:38)
2 Non cres que sempre se agacha un lugar marabillos#blgtk08#o nese alto xeado pola atmosfera distante? Será q
Comentario por TQV (01-09-2010 14:38)
3 Non sei que foi o que puido pasar. Éche un trasno virtual. Quixen dicir: Será#blgtk08# ese alto xeado pola atmosfera distante o lugar onde habitan os nosos soños?
Comentario por TQV (01-09-2010 14:39)
4 En resposta a TQV, seguramente#blgtk08# non, pero maxinalo "consola"
Comentario por A cruz da Campá (01-09-2010 23:10)
5 Non escollín eu o día para ler estes versos...
son desacougante#blgtk08#s se un precisa asentamento.

biquiños.

Comentario por Zeltia (02-09-2010 02:31)
6 Literatura de alto fuste desprenden estos versos. Intensos y contundentes.

Me han g#blgtk08#ustado, he tenido que leerlos dos veces para degustarlos convenientemente.

biquiños
Comentario por Frabisa (04-09-2010 22:34)
7 Volvo a tempo de gozar os teus versos mentres s#blgtk08#e dilúen nas cores ata o presente deste alento.
Comentario por xenevra (05-09-2010 02:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.