A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X - RETRATO



Se puidese pintar o amor,
empregaría o gris que coroa a túa fronte,
despexada de nubes,
mesturado co castaño e o verde
esluídos no branco co que miras
e agradeces agarimos...

Engadiría o dourado matiz
que o sol e o aire da mañanciña
deixan no manto que rodea
o teu sorriso...

E engadiría pálidas pinceladas,
zarrapicadas de estreliñas...
esas mesmas da caixiña
na que levas pechado
o vermello tesouro da túa grandeza.

E engadiría os perfís negros
do lapis co que resolves
cábalas e enigmas...

Se puidese pintar o amor,
pintaríao así,
coma ti,
coas túas cores.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (10) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 25-08-2010 06:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 As cores so amor son impredecibles e se#blgtk08#mpre luminosas. Moi boa a foto. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (25-08-2010 11:11)
2 aaai!
[sempre marc#blgtk08#ho daquí suspirando...!]
Comentario por Zeltia (25-08-2010 11:22)
3 esquecíame dicir que ésta é unha das#blgtk08# fotos de Xulio que máis me gustou.
Comentario por Zeltia (25-08-2010 11:24)
4 Cando escribes sobre o amor, enches o papel de sensa#blgtk08#cións espidas que se colocan nas tripas. Un bico...
Comentario por Maribel-bel (25-08-2010 12:03)
5 Sempre os teus versos, tan delicados.<#blgtk08#br /> Moy boa foto.
Biquiños.
Comentario por Piteira (25-08-2010 12:13)
6 gústanme os versos de xulio lópez ao que tiven a sorte de escoitar dando u#blgtk08#nha charla, vexe un home moi cercano e agradable.

biquiños,
Comentario por Aldabra (25-08-2010 20:47)
7 Con versos así quedouche un cadro/p#blgtk08#oema ben fermoso.
Parabens.
Comentario por Raposo (27-08-2010 21:03)
8 ¡Hai se se puidese pintar o amor e vestilo coas roupaxes dos nosos soños #blgtk08#e recitarrlle versos como estes a o corazón que amamos..!!!
Bicos
Comentario por Xan (28-08-2010 13:37)
9 ¡Grazas sinceramente!

Este non é un "humilde" blog. É sinceramente un poemario digno de ser recollido nunha exquisita pubricación. Así o creo.

Están os meus oídos tan pouco acostumados, non digo a adulacións e lisonxas, senon ás merescidas loanzas (o home máis necio meréscea algunha ves) que, ao chegar ás miñas maus dous artigos laudatorios do amigo Lence Santar en La Idea Moderna un, e de un Señor descoñecido en El Demócrata navarro o outro, sentín ese doce escalofrío da vanidade satisfeita.
Ven eiquí, como de molde, o formular unha de esas frases, con que a urbanidade disfraza a nosa soberbia: É favor que vostedes me fan; as miñas crónicas non valen a pena; as súas loanzas énchenme de rubor, etc., etc. Mais, para que negar que esas loanzas producíronme vivísima satisfación?.
Eu, lector, non son humilde. Considero a humildade, á verdadeira humildade, como á vertude utópica, da cal predicación non debe abusarse; porque toda utopía excesivamente predicada e ponderada arrástranos ós vicios diametralmente contrarios.
A humildade é unha vertude tan elevada, está tan fora do alcance dos homes, que cando istos pretenden chegar a ela, e non poseen a complexión caseque divina daqueles santos varóns, a quenes pretenden amitar, convírtena nunha pantalla ridícula, en hipócrita tapadeira do vicio contrario, a soberbia, con detrimento doutra vertude para min máis estimábel, a sinceridade, que consiste en amosarse ós ollos dos homes, nin máis grande nin máis pequerrecho, senon tal como cada un é. Predicamos moitas veces a humildade e prácenos que as persoas que nos rodean sexan humildes, pola sinxela razón de que isto halaga a nosa soberbia.
Pola miña parte vin tantos exempros de persoas, que se amosan coa olleira baixa, con humilde vestimenta, facén#blgtk08#dose os pequerrechos e levando o peito cheo de soberbia, que no catálogo de vertudes, que se repelen non vacilei en escoller para o meu uso a sinceridade, preferíndoa á modestia.
Vertudes que se repelen?. Estou vendo exclamar sorprendido á algún rancio moralista, que me cree con intencións de socabar os fundamentos da ética.
Tan fraca é, que respondo eu, a condición humán, que as diferentes vertudes se repelen moitas veces como se repelen no mesmo corazón dos afectos de índole distinta. O amor paterno, cede sitio ó conxugal i este vai mingüando coa chegada do filial e ¡cantas veces o excesivo desenrolo dun destes afectos acarrea non só disminición dos demais senon a súa anulación absoluta e aínda o odio!. Grande cousa é o amor do pobo, en que se nace; mais non fomentedes a cegas esta paixón en corazóns mesquiños, porque sabido é que hai quen non pode amar ó seu pobo, sen aborrecer o do veciño. Razoabel tivo Neron, a chorar, como din que chorou, porque no seu corazón non collían en par moitos efectos e porque o seu corpo non podía solazarse con distintos praceres simultáneos.
Repito que non son humilde i engado que tampouco me afano por posuir en alto grao esta vertude, cuxa caricatura ollei moitas veces, mais a súa cara non a ollei endexamais.
Se ao home lle ensinaran a sere sincero, antes que a sere humilde, case non se coñecería no mundo esta vertude i pode que saíramos gañando.
Hai algún home que habendo feito un detido estudo de si mesmo, como aconsella o socrático proberbio, non se atopara dous dediños por derriba dos demais?. Se este home existe, eiquí estou disposto a querelo, ademiralo e aplaudirlle, con maiores motivos dos que ten para ser aplaudido.

Artigo de 1906 por Pepe Noriega
para A Nena do Paraugas, sinceramente.
Comentario por Xosé López Fernández (29-08-2010 13:23)
10 Verbas de sinxela fermosura, Concha! Acabo de descubri#blgtk08#r este blog e abofé que é un pracer lerte, compañeira!
Comentario por Ana R. Barreiro (12-09-2011 21:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.