A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VI - QUEN?



Quen pendurou dos teus ollos
tan espesas e escuras tebras?

Quen borrou dos teus beizos
a liña branca da vida?

Quen puxo nos teus andares
pexa tan curta e ferinte?

Quen, con tan mala saña,
fendeu o manto que, un día,
con tanta fachenda levabas?

Ao mellor fun eu, probe de min!

Por dar luz aos meus ollos,
sen luz te deixei a ti.

Concha L. F.
Foto: "Caída". Xulio López

Comentarios (12) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 19-08-2010 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1

• Hermosas palabras con un triste final. Tendríamos que ser capaces de compartirlo todo.
#blgtk08#
• bicos

► CR ► LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (19-08-2010 21:32)
2 gustoume moito este poema, Concha.
Qué pouquiño#blgtk08#s versos se precisan para expresar moitísimo!
Comentario por Zeltia (20-08-2010 12:38)
3 Ti tes o meu espacio cando entras en min, eu o teu cando estou en ti, entón..non chocamos, compartimos. Se#blgtk08#n dúbida, quero ter sempre a luz dos teus ollos sen quitarche a túa ledicia. Precioso, coma sempre. Saúdo
Comentario por (20-08-2010 13:00)
4 Coma sempre, olvídome do nome..non é #blgtk08#importante pero sí me gusta deixalo.
Comentario por Maribel-bel (20-08-2010 13:01)
5 E a min que o#blgtk08# deixesdes...
Comentario por A nena do paraugas (20-08-2010 14:15)
6 Fermoso poema, curto, pero intenso, poucas palabr#blgtk08#as pero fondas e claras, gustame. Saudos a todos.
Comentario por A cruz da Campá (22-08-2010 12:23)
7 Cando levamos luz a outros ollos compartimos e acendemos o#blgtk08#utra chama. Fermoso e intenso como sempre.
Apertas
Comentario por Xan (22-08-2010 12:47)
8 Sen palabras! Non se pode dicir mellor, nin se po#blgtk08#de sentir máis forte.

Un biquiño.
Comentario por Xosé Piteira (22-08-2010 21:13)
9 Hai veces que canto máis te preguntas, menos#blgtk08# respostas te das...

Un bico!
Comentario por Chousa da Alcandra (23-08-2010 22:05)
10 Gostei muito também! Realmente não é necessário muitas pal#blgtk08#avras para sentir o significado do que elas representam...
Comentario por Solange Villamar Couto (25-08-2010 01:09)
11 Génial poema que comparto em gram medida por desgraça nes#blgtk08#tes dias da minha vida.

Umha aperta forte
Comentario por (25-08-2010 02:51)
12 Génial poema que comparto em gram medida por desgraça nes#blgtk08#tes dias da minha vida.

Umha aperta forte
Comentario por Jorge Pérez (25-08-2010 02:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.