A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MEDIO CHEO OU MEDIO BALEIRO?
Mentres lle daba unha capa de laca vermella intensa ás miñas deterioradas unllas, deume por reflexionar sobre a miña imaxe.

Non é que teña os ollos pequenos, é que teño a cara en xeral, e o nariz en particular, demasiado grandes.
Non é que teña as unllas pequenas, é que as miñas mans son demasiado grandes.
Non é que miña pel se poña vermella co sol, é que o sol non atina a "morenearma" sen queimala.
Non é que teña os pés grandes, é que o agora os zapatos son máis pequenos.
Non é que estea gorda, é que son demasiado baixa para o meu peso.
Non é que teña preguiza, é que o tempo acaba sendo moi aburrido.
Non é que teña o pelo feble e escaso, é que ten que tapar demasiada superficie (de intelixencia).


Non é que o mundo sexa unha merda, é que a nosa merda acaba por enmerdar ata o mundo.

Xa sei que isto último é un tantiño escatolóxico, pero logo das novas de ARDE GALIZA, de que o FUNCIONARIADO é un INÚTIL salvavidas da crise económica (aí tocáronme a fibra laboral), de que na "ZONA 0" ou preto dela Obama aprobe a construción dunha mezquita (son moi respectuosa e conciliadora pero as Torres Xemelgas e Atocha deixáronme sen fala e aínda non a recuperei de todo), de que ás persoas pensionistas se lle queira escatimar a química que fai parte da súa dieta habitual, de que catro pequenos/as empresarios/as pringados/as teñan que pechar as súas empresas para encher o buche de dous millonarios que non teñen nin idea do que é traballar... E demais novas que por aí andan, como que me deu un arrebato de autoestima, oídes! E se ninguén quere facer nada por limpar o mundo, pois vale.

Eu vou acabar de pintar as miñas unllas de vermello intenso e, por favor, que chova dunha vez! Ata boto de menos o inverno! Váiseme estragar o meu paraugas!

E ISO NON PODO PERDOALO! Síntoo.

Concha L. F.
Comentarios (12) - Categoría: Eu son... - Publicado o 16-08-2010 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 jajaja, hostiá saiuche o xenio coa carraxe!
conste que hai aí unha cousiña no texto que me parece que#blgtk08# non estariamos dacordo, ou polo menos que precisaría eu algún matiz máis para entendela ben...
;-)
Comentario por Zeltia (17-08-2010 00:56)
2

• Tés razón. O mundo o enmerdamos nos. ¿Hata cando?

#blgtk08#bicos

CR &LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (17-08-2010 03:15)
3 Zeltia, xa me dirás onde teño que colocar o matiz,#blgtk08# pero se valeu para facerte rir, para min abonda.
Comentario por A nena do paraugas (17-08-2010 06:14)
4 Con matiz ou sin matiz , mellor que acabes de pintar as uñas de vermello , que ven pode votarse a chover e tes que coller o pa#blgtk08#raugas . Eu tamén son dos que reza pra que veña o bendito inverno , pois as canículas non me sentan nada ben .
Un bico
Comentario por Santi (17-08-2010 12:15)
5 O matiz é neste párrafo:

"de que na "ZONA 0" ou preto dela Obama aprobe a construción dunha mezquita (son moi respectuosa e concilia#blgtk08#dora pero as Torres Xemelgas e Atocha deixáronme sen fala e aínda non a recuperei de todo)"

[Non estou segura de telo entendido ben]
Comentario por Zeltia (18-08-2010 02:28)
6 Ando un pouco desaparcido porque estes tempos co tema de ARDE GALIZA tou un pouco liado, traballo nunha brigada de incendios. Con respecto ao matiz de Zeltia, estou totalmete de acordo con a Nena, o feito de que se queira facer unha mezquita na zona #blgtk08#cero é simplemente unha probocación. Conste que a min non me molestan as relixións, ningunha, o que me molesta e que me queiran facer vivir como din eles, por ahi non paso, e neso os musulmans, algunhos polo menos, son con moita diferencia os peores.
Comentario por A cruz da Campá (18-08-2010 12:40)
7 Creo que, como di A Cruz, pode supor unha provocación. Digamos que en principio, ámbolos dous lugares foron devastados por persoas que consideran que o Islam ten que facer a súa propia Guerra Santa. Aínda que no mundo musulmán hai moita xente de ben e que por enriba de todo teño un respeto absoluto polas crenzas das demais persoas, non me parece unha decisión acertada. Como tempoco me parece ben que o afá#blgtk08#n de colonialismo de EEUU pretenda barrer do mundo calquera cousa que non responda aos seus intereses económicos e políticos.
Renego de calquera forma de dominio e aínda que se podería entender coma un paso cara a reconciliación, levaría consigo botar sal e vinagre nunhas feridas que aínda non curaron. E iso non é rendible, falando en termos de reconciliación.

Ou iso é o que penso...
Comentario por A nena do paraugas (18-08-2010 13:42)
8 Por todo iso eu non acostumo informarme das novas que son #blgtk08#todas malas.
E parece que hoxe van caír pingueiras.
Comentario por paideleo (18-08-2010 15:57)
9 Pois eu entendo que poda haber quen se sinta ferido... pero tamén teño claro que é por unha interpretación distorsionada.
E a súa interpretación non pode privarme dos meus dereitos. [que son iguales aos de todo o mundo e non se me debería privar deles debido á relixión que profeso -que no meu caso non é ningunha- sexa ésta a relixión que for.

Tí mira se me parece que se confunde o tema... que é tanto coma dicir que o feito de ser eu nacida no pais vasco -que non é o caso tampouco- "fire a sensibilidade" de algun familiar dun asasinado por ETA.
Os musulmans non son Al Quaeda, nin terroristas (morreron moitos máis mus#blgtk08#ulmans por culpa dos terroristas "musulmáns" ca católicos ou xudeos que tanto protestan en EEUU)
da mesma maneira que os vascos non son ETA.
vaia vaia
Xa sei que estou usando argumentos simplons, pero é somentes para explicar llanamente a sinrazón que me parece todo iso de que haxa alguén que sequera se plantee que non teñen dereito a construir unha mezquita.
(e despois son eles que din que esa non é maneira de empezar a "reconciliarse"? con quén teñen que reconciliarse? e quén? os de Al Quaeda? porque os outros musulmáns serán tan respetables coma tí mais coma min, digo eu.
Non te ofendas eh, estamos a falar.
Comentario por Zeltia (18-08-2010 22:02)
10 Non lle quito eu tan xiquera unha coma.
Mais a primeira parte gúst#blgtk08#ame moito.
Saíron os xenios, os dous.
Unha aperta, Concha.
Comentario por Xosé (22-08-2010 21:09)
11 Ala carallo; ti pide auga#blgtk08#, pide...

Comentario por Chousa da Alcandra (23-08-2010 22:04)
12 pois é que fixeches unhas reflexións moi axeitadas, a do funcionariado tamén me pon os pelos de punta.

acerca das relexións sobre ti mesma... fixéronme moita coña, é a mellor forma d#blgtk08#e sacarlle ferro ó asunto do noso corpo... eu tamén teño moitas queixas pero pola outra banda síntome moi afortunada porque despois de todo, o importante é a saúde.

biquiños,
Comentario por Alabra (25-08-2010 20:45)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.