A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RECONTO



En fin, que o verán vai indo pouco a pouco, entre lumes, fumes, calores e cores varias.

Nestas idas e vindas, bambeándome na refescante airexa da noitiña e os poeirentos mediodías, deume por facer inventario das miñas obsesións, esas que espertan cada primavera e que non dan o seu froito ata ben entrado Santiago, aínda que algunhas delas sexan belas xa no San Xoán e mesmo antes.

Coido que calquera día vou perder a conta. A conta e o tino de contar e nomear tulipáns, narcisos e xacintos, azucenas, crisantemos e lilium, margaridas, campánulas e gladíolos, suspiros, caraveis e xeráneos, zinnias, bocas de dragón e dalias, roseiras, framboesas e papoulas, hibiscos, texos e camelias, oliveiras, loureiros e acivros brancos...
E sobre todo, calas. Calas brancas, amarelas, amarelas e granates, amarelas e vermellas, alaranxadas, verdes, rosas e negras.

Calas negras... mantidas en repouso baixo terra durante o frío inverno e asentadas sobre un manantial neste tórrido verán que xa vai indo pouco a pouco, entre airexas refrescantes, lumes, fumes e calores, amenceres e solpores de luz sempre cambiante e, por suposto, as moitas e delicadas cores que engalanan o meu refuxio.

Concha L. F.
Comentarios (11) - Categoría: Eu son... - Publicado o 11-08-2010 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1

• Tambén eu conto e reconto todasas frores do meu xardin... pero mis obsesiones pueden ser de variada tipología. En eso gastamos la vida#blgtk08#... y buscando obsesiones nuevas

• bicos

► CR ► LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (11-08-2010 23:58)
2 Eu gosto das flores pero non o fago tanto do seu aroma, do aroma das flores frescas á maña ou ao atardecer... Desde moi neno non sei porque#blgtk08# recordanme aos enterros.... É unha obsesión algo chunga e que se acentúa co paso dos anos...

Unha aperta desde esta beira!
Comentario por JPA (12-08-2010 01:06)
3
Benditas obsesións que permiten gozar #blgtk08#dun refuxio-paraíso tan fermoso.
Un saúdo
Comentario por Xan (12-08-2010 22:40)
4 Gustoume o teu xard#blgtk08#ín!!
Bicos.
Comentario por Raposo (14-08-2010 01:15)
5 mimadriña, que cantidade de flores! (os suspiros, e as bocas de dragón non sei cales son -e pode que outras que penso que si se#blgtk08#i, estea trabucada)
Pero o que me deixou lela foi o das calas negras... ¿pero iso existe, ou é unha metáfora?
:D
Comentario por Zeltia (14-08-2010 23:01)
6 #blgtk08#
Comentario por (14-08-2010 23:02)
7 Lin agora os comentarios dos demais... e chámame a atención o que dí Ñoco Le Bolo... ten a súa lóxica, pero da pena que as sensacións p#blgtk08#lacenteiras do aroma das flores, sensación tan fortes, estean unidas a recordos tan chungos!
Un bico para Ñoco, e outro para tí.
Comentario por Zeltia (14-08-2010 23:04)
8 Enganeime!, hoxe non dou unha, o dos enterros -que é ó que me refería#blgtk08# eu- é JPA
[de todos os xeitos non che quito o bico, Ñoco! :D)
Comentario por Zeltia (14-08-2010 23:06)
9 As flores son o xeito que ten a natureza de amosarnos a ledicia. Como a#blgtk08#s empreguemos despois xa é outro cantar.

Bicos de agosto
Comentario por Chousa da Alcandra (15-08-2010 00:01)
10 Una de las maravillas de la estación que disfrutamos es ver el colorido con que se viste la naturaleza, especialmente las flores.
#blgtk08#
Afortunada tú que puedes contar tantas en tu jardín, yo también tengo, pero menos en mi terraza.

biquiños e bo día
Comentario por Frabisa (15-08-2010 10:45)
11 encántanme as calas; miña nai, na casa na que vivían antes, sempre tiñan, pero só blancas, a verdade é que esa tonalidade lila é ben fermosa.
#blgtk08#/>
tamén encántanme as ortensias, as mapoulas, as flores de papel, os cardos chinos... ¡que oloriños me chegan!

biquiños,
Comentario por Aldabra (25-08-2010 19:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.