A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COUSAS DE SEMPRE

Non sabería desfrirar o misterio desta foto pois, logo de consultar as fontes correspondentes, só poido dicir que aí hai unha nena que ten ao seu curmán no colo, coma se o único que lle importase fose amosar que era capaz de custodiar a unha crianza que a penas se mantiña en pé. Arredor desta imaxe hai toda unha historia de dedicación a ser feliz, soñando con coidar ás persoas queridas, a buscar un oco nun mundo dominado pola labia desa nena... Un sin fin de liortas polo dominio do terreo da familia, antes ocupado pola nena e que, o tal curmán veu encher cando naceu.
A historia desta foto está chea de anécdotas que reflicten rivalidade, liortas, pedradas e vinganzas, pero tamén moitas risas cómplices, trasnadas... e, sobre todo, o moito amor que a nena e o seu curmán se profesan desde sempre e non sempre expresado con palabras, pero presente, pois tanto a nena coma o seu curmán saben un da outra, unha do outro e, alá no fondo do seu corazón saben que, sen palabras, se entenden e que aínda que viaxen ao fin do mundo, levarán consigo o mutuo agarimo que se profesan.


Concha L. F.
Foto: Sr. Ramón
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 06-08-2010 19:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Estas palabras tan fermosas falan dun agarimo sen limites.Esa fraternidad que para expresarse non necesita de palabras. As persoas que s#blgtk08#oñan con axudar aos seres queridos, teñen un fermoso corazón cheo de tenrura, como reflexa o abrazo protector de Concha.
Un saúdo
Comentario por Xan (07-08-2010 12:32)
2 LEMBRANZAS DE AGARIMOS.
UNHA EXPLICACIÓN BEN BONITA DA IMAXE, QUE #blgtk08#MOSTRA TAMEN UNHA GRAN TENRURA.
BIQUIÑOS, CONCHA.

Comentario por PITEIRA (08-08-2010 01:18)
3 Parece que describises a miña relación con un curmá meu que vive en Londres. Di miña nai que estar con nos era pouco menos que estar no Inferno, sempre facendonos #blgtk08#trasnadas un ao outro. Pero sempre queriamos estar xuntos. Grazas nena, por facerme sair es lembranza, fixecheme sorir recordando outros tempos sen preocupacións.
Comentario por A cruz da Campá (08-08-2010 09:50)
4 Que sería da empresa que fabricaba as silliñas esas nas que senta a nena que abraza ó curmán con esmero?. Eu xuraría que na #blgtk08#miña infancia había silliñas coma esa en todas as casas do lugar...

Bicos para a nena. Saúdos para o curmán.
Comentario por Chousa da Alcandra (08-08-2010 13:32)
5 Aínda que se entendan, gústame ver as palabras e sentilas. Ás veces aforra#blgtk08#mos miles de caricias por non darlles forma. Unha foto preciosa. Biquiños
Comentario por Maribel-bel (09-08-2010 12:00)
6 mmmm... canta chicha arredor dunha foto, cantas cousas se poden inferir!<#blgtk08#br />
(as zapatillas, as zapatillas, as zapatillas ¿vermellas?)
Comentario por Zeltia (13-08-2010 02:51)
7 É unha foto moi tenra, mais co que nos contas desa unión entre curmáns.

Recordo esas sillas, eu ti#blgtk08#ven unha de pequena, e tamén un deses vestidiños de cadros.

¡que tempos!

biquiños,
Comentario por Aldabra (25-08-2010 19:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.