A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XI - PARAÍSO


Pasa lene o silencio
rosmando entre as follas
mil cantigas esquecidas
e bambea as pólas
no berce da mañanciña.

Lene tamén pasa a soidade
sobre a herba,
a penas acariñada
polo voo temeroso dun gorrión
que sacia a súa fame
cunhas migallas de felicidade.







Foxen as ideas neste alento verde
e palpo o baleiro da miña pel,
núa agora de misterios e tempestades.

Neste paraíso vaise perfilando a silueta
dunha vida que durmía cando,
aínda sen raiar o día,
comezou a moverse o meu camiño.

Percibo os teus ollos sen mirarte
e escoito deambular
os teus pensamentos
sobre as lousas,
mentres agardas
que a soidade e o silencio se deteñan
e biquen os teus soños,
perdidos aínda entre as sabas.

Concha L. F.
Comentarios (10) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 16-07-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 un doce e lene anaquiño de tempo discurrin pola fresca brisa da fotografía, respirando ese#blgtk08# ar da mañá que me trouxeron as túas palabras.

Bicos nesta mañá de sábado.
Comentario por Zeltia (17-07-2010 12:07)
2 Ditoso do gorrión que s#blgtk08#e sacia con migallas...
Comentario por Chousa da Alcandra (17-07-2010 20:15)
3 Que bonita paisaxe enteiramente galega de toxos e xes#blgtk08#tas, acariñadas polos versos que nos brindas. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (17-07-2010 22:13)
4

• Me esfuerzo en la lectura... la traducción es insuficiente, pero leo y disfruto
#blgtk08#
• saudiños

CR & LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (18-07-2010 22:34)
5 E eu, o teu sorriso,
percibo nesta noite calorosa,
sen verte.
Sentíndote,
viaxo po-las lous#blgtk08#as grises,
os toxos, as xestas…
E a soidade, si, nesa herbiña fresca
acariciada de orballo.
Comentario por Piteira (18-07-2010 23:38)
6 Lendo este poema e a fermosura da paisaxe tamén s#blgtk08#e alcanza un anaco de felicidade.
Un saúdo
Comentario por Xan (20-07-2010 18:57)
7 Gustei dese paraíso de v#blgtk08#ersos!
Parabens!
Comentario por Raposo (20-07-2010 19:34)
8 Percibo o recordo como algo sen fracaso, serei eu, ou ti...pero a#blgtk08#s lembranzas ás veces son tremendamente desesperanzadas. Biquiños
Comentario por Maribel-bel (22-07-2010 00:13)
9 A verdade e que non é ningún segredo. Noutras ocasións ata deixei o enlace. Si que temos que ver co Clube BMW. A miña parella é socia e facemos algunha viaxe con eles cando #blgtk08#podemos.
biquiños,

paréceme o de hoxe un poema moi moi triste, acorde coa foto que deixache; aínda que nela hai moito verde, vese apagado con esa luz.
Comentario por Aldabra (23-07-2010 23:59)
10 "Percibo os teus ollos sen mirarte"#blgtk08#r /> Ausencia é presencia. Gustóume
Comentario por Fiz (24-10-2011 16:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.