A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DE ESTRENA



Sen palabras. Só que é todo un orgullo pertencer a este grupo que leva 90 anos espallando polo mundo, á súa maneira, as Raíces desta Terra.

Concha L. F. (Xullo-2010)

Foto: X. Gómez
Comentarios (11) - Categoría: Eu son... - Publicado o 13-07-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Concha qué ben saber e poder cantar!, (eu teño un reproductor na miña cabeza e despois pola miña boca sae algo que non tén nada que ver)
E sobre todo, qué ben compartir ese don. Como tí dís, sí que é un orgullo pertencer a esa coral.

Agora que, poñendo a foto, ben podías dicir cal eras tí, se#blgtk08# é que estás na foto, así a maneira de presentación! que eu non vou a miudo pola túa terra -cando veñas A Coruña escríbeme por se che queda tempo para tomarmos un café-
Bueno eu voume arriscar, e mirando a foto de cando eras nena, digo que es a da esquerda (segun o usuario mira a pantalla)
¿Acertei?
Comentario por Zeltia (13-07-2010 11:23)
2 Sempre me dixeron que, fóra os sinais que o tempo vai deixando #blgtk08#no corpo (sobre todo na cara), pouco cambiei co paso dos anos.
Comentario por A nena do paraugas (13-07-2010 12:54)
3 vaia, penso como Zeltia, e de verdade que o pensei sin mirar a súa resposta.

#blgtk08#/> de pequeña bailaba nun grupo de danza e gardo gratos recordos.

bicos,
Comentario por Aldabra (13-07-2010 21:00)
4

• ¿Cal eres ti? Con Zeltia... ¿a da esquerda?

• bicos#blgtk08#

CR & LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le Bolo (14-07-2010 11:19)
5 Anque me encanta a música, son incapaz de intentar entoar unha canción sen que me saia un bramido de todo irrecoñec#blgtk08#ible. Un grolo por todos os que o fan ben e ademáis manteñen vivas as nosas raices. Que raio ¡un grolo por Concha!
Comentario por A cruz da Campá (14-07-2010 20:01)
6 É un orgullo si, pertenecer a un grupo así e saber cant#blgtk08#ar o cal non está o alcance de todos.
Un saúdo
Comentario por Xan (15-07-2010 10:43)
7 Nos loitamos tamén, coa "Agrupación folclórica "Os Santiaguiños" e costa moito levar a diante ese empeño, aínda que nos ten ilusionados. Tamén recuperamos pezas a#blgtk08#ntigas e poñémoslles música e baile. Cando xa teña boa conexión a internet eiche de mandar algunha ó correo, a ver se che gusta. Un biquiño e non ceses no empeño.
Comentario por Maribel-bel (15-07-2010 19:57)
8 Faltame a pista do paraugas , pero sóbrame mirarche pra cara , pra acordarme daqueles anos do Instituto , e recon#blgtk08#ocerte y eso que xa pasaron uns cantos...alégrome de que formes parte da Coral de Ruada .

Un bico
Comentario por Santi (15-07-2010 21:23)
9 DE RUADA

I

Unha noite de inverno das máis escuras
tentoume seique o demo de ir a Cesuras

por mor dunha rapaza máis feiticeira
que as froliñas que nascen na primadeira.

Tropezando nos croios, dando aturuxos,
e petando coa moca nos ventanuxos,

cheguei á Margarida, brinquei o río
e seguín cara adiante, sin medo ó frío.

Ó relente da noite polos lousados
andaban algús gatos axaneirados;

pero cando os meus zocos tumbar sentinon,
cal da crus os demoros, todos fuxinon.

Ond´as casas pareime, xunta dun carro,
arrimeime a unha roda, piquei cigarro,

e buscando o librillo pola chaqueta,
ouvín o ruxe-ruxe da pandeireta;

pois pretiño, moi preto, de donde estaba,
o bodego da fía de alí cadraba,

que, anque probe, é ás veces niño de amores,
onde a groria entrevémo-los labradores

á lus esmorecida dun candil vello,
que dos grandes i os porcos é un bon espello,

i onde martes e xoves toca o frauteiro,
cal tocara decote, a non ser careiro,

ou si as pícaras novas, máis dadiveiras,
máis cadelas tiveran nas faldriqueiras.
Alí van os rapaces namoricados
coa bufanda hastra os ollos, taparuxados;

alí van estornelos, ¡xente do vento!,
ás furtadas, co demo no pensamento;

alí van os petrucios, que aran a terra,
contar contos dos mouros, casos da guerra,

loitas de héroes gallegos, honor e groria
das páxinas brilantes da nosa historia;

alí van madrileños, ¡de moita sona!,
que cos pés amasaron pan na tahona;

habaneros, que volven de penas fartos,
con sombreiros de palla, pero sin cartos;

alí van melitares, que no exercicio
inda deron máis voltas que dá un rodicio;

alí van vellas tolas falar de santos,
de tesouros, pantasmas, trasnos, encantos,

da compaña que sale polos camiños,
do mal de ollo, das fachas, dos demachiños,

do pedrazo, que murchas pon as patacas,
das cobras que de noite maman nas vacas,

dun libro de esconxuros que ten o cura,
de como os nenos sanan da crebadura,

das promesas, dos mortos, das romerías,
¡e doutras mil burradas e bruxeirías!.








II

Cando entrei, nun recuncho fíxome canto,
cabo si, unha neniña, que quero tanto

com´a luz dos meus ollos, porque é Sabela
donairosa, garrida, com´unha estrela.

Nas ribeiras do Masma, no se ollan frores
com´a branca azucea dos meus amores,

rapaza máis xeitosa nin de máis quedo
non naceu nas montañas de Mondañedo.

¡A cantos solteiriños lles fire a ialma!
¡entre cantas vilegas se leva a palma!.

O demo no me leve que cando quixo
faguer Dios...¡abofellas soupo o que fixo!.

Así ó pronto quedeime sin saudala,
porque sempre que a vexo prendo na fala,

e dempoixas á orella, moi despaciño,
faleille desta sorte: -¿fuche ó muiño?

-Fun levar un folico de gra de trigo.
-E ¿quen era aquel majo que iba contigo?

-¿Tu tes ganas de contos?, ¡seica vés lelo!
-Lela estás ti, que falas cun estornelo.

-¡Arrenégote, Xuncras!, ¿quen é ese acheite?
-Un que tódolos días che merca o leite.

-Ora o demo, ¿e dixenon que era meu mozo?,
¡com´as teipas me quede si cho conozo!

-Non te faigas, si queres, desentendida;
¿cantas veces cho bebe pola medida?.

-¡Leria, leria!, á#blgtk08# medida naide lle toca,
si non quer que nos dentes lle fenda a zoca.

¡Bupa!, non te enrabexes, ten máis cachaza,
que ese serio non pinta nunha rapaza.

Di a verdade, Sabela, ¿púxoche o pucho
dos dous cornos na testa?, ¿déuche algún chucho?

Ti ¡xa ora!, da vila non contas nada;
pro como ás veces volves tan colorada...,

non che falta quen diga, ¡contos de bruxas!,
que che fan na cibdade mil garatuxas.

-¡Ai de min, pecadora!, ¡boh!, ¡no me indines!
-Éche certo, así eu medre, ¡non te presines!

-¿Sabes o que che digo?, ¡basta de chanza!,
e, si n´a tes, deprende millor crianza;

¿seique coidas que faigo com´a Valura?;
eu non sirvo, ¡que raio!, pra ama de Cura.

Vaite pra cabo doutras, ¡líscate axina!
-¡Craro!, ti soilo queres a estudiantina.

-¡Faigo ben!, polo de hoxe, sonche solteira.
-Pois, destoncias... beilémo-la muiñeira.

Anda, vente prá roda.
-¡Douche coa roca!
-Muller, érguete e cala; ¡viva quen toca!.










III

Renxeu a porta; en trulladas
entraron dando aturuxos,
e mais cantando alboradas,
mociñas repinicadas
e rapaces como buxos.

Buliron logo os pandeiros,
e da frauta os salouquiños
romedaban garuleiros
cantares dos paxariños
ó amañecer nos loureiros.

Que o frauteiro de Zoñán,
anque viste cirigolas,
en tendo a frauta na man,
acaba por volver tolas
as nenas que á fía van.

I as máis xarelas bailaban,
aloumiñando ilusiós,
e, cando unha volta daban,
de moitos tras si levaban
os ollos i os corazós.

O ceio por quen eu morro,
Sabela, miña Sabela,
erguese, facendo o zorro,
pelisqueina e entrou no corro,
sacudindo na mantela.

I ó pasar, quentes da chola,
tres ruás, que estaban xuntos,
armando atrós tatahola,
berraban: ¡que baile sola
polo ben que marca os puntos!.




Fíxose un pouco a rogada,
que é, sin querer, melindrosa;
¿dempoixas?, ¡non digo nada!;
lixeiriña e colorada
voltexaba donairosa.

Ai, rapaciñas gaiteiras,
-falou un vello-, ¡a ver ora
si eso é bailar muiñeiras!:
¡criouse nas Coruxeiras
pra non salir bailadora!.

I on habanero decía,
baduando máis que un loro:
"lo dudo que entodavía
haiga ni en la Andalucía
máis lindo pimpollo de oro".

Namentres que así falaba,
¡adiós festa, adiós turreiro!;
vin que o candil apagaba
unha boca, que sopraba
por debaixo dun sombreiro.

¡Vivan sempre os de Cesuras!,
¡ou, minicreques!, -berrei-;
anque estamos ás escuras,
os que aprendedes cos curas
aquí non prantades lei.

Buroneses, ¡viva a nosa!,
¡pau de cego e dar con gana!
-outra voz augardentosa
respondeu-; ¡si hai un que tosa,
non leva costela sana!.

Logo dempois, ¡Dios me valla!,
caían que era un gustiño,
¡cal si se dera na palla
cando volvemos prá malla
de xantar con carne e viño!.

I ó chegarlle entón a ves,
un, que abofé n´era manco,
sin folguexar deume tres,
i esnafreime contra un banco,
que tiña pra riba os pés.

..........................................................

Ás costas, por caridade,
cargou comigo un veciño,
e vindo polo camiño
nos Picos tocaba o frade.

A. Noriega Varela

Comentario por Pepe Noriega (15-07-2010 22:42)
10 Se eu cantase ben arderíame a cara de fachenda.
Boeno...non #blgtk08#se pode facer ben todo!!!!
:-)

Bicos cantando
Comentario por Chousa da Alcandra (17-07-2010 20:17)
11 Eses versos de Noriega Varela emocionan. Neles está o mundo dos nosos avós, quer dicir, o noso mundo, pois del vimos e del herdamos as #blgtk08#súas lerias, aínda que agora utilicemos un idioma moito máis empobrecido e menos enxebre.
Benditos sexan os nosos antepasados!
Comentario por Xesús Pereira Pérez (25-10-2010 00:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.