A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

EPITAFIO
Intuía que había moita trampa detrás da enquisa ás familias do alumnado de Educación Infantil sobre o tema do galego, pero nunca pensei que a desfachatez chegase a tal extremo que, en centros nos que houbese dúas liñas de lingua castelá e dúas de lingua galega, todo quedase resumido en CASTELÁN PARA TODOS E TODAS. Bilingüe, iso si, pero co inglés coma segunda lingua.
Quizais a miña inxenuidade me levou a crer que a pregunta fose o suficientemente clara para que a tal enquisa dese como resultado a situación real de moitas familias galegas. Pero errei.
A saber: no seu momento, e por mor dunha mal entendida fidelidade á patria (Cal é a patria de cadaquén?), se educou ás crianzas no idioma de Cervantes, GRANDE onde os haxa, pois hai poucas linguas tan ricas coma esa (o GALEGO é a outra). Dese grupo xurdiron persoas que falan habitualmente castelán e, polo tanto, ensinan a falar ás súas crianzas no idioma que mellor dominan, pero confiaban que o sistema educativo público lles garantise que as crianzas coñecesen e dominasen a lingua de ROSALÍA. Craso erro.
A pregunta sobre o idioma materno tiña trampa, non pola pregunta en si mesma, senón polas consecuencias da mesma.
"Idioma materno/paterno? Castelán." Tódalas aulas de Educación Infantil en castelán. Punto. Por favor, pelota para seguir xogando.

GRANDE é tamén a lingua de ROSALÍA, Afonso X, Curros, Castelao e Novoneyra, por non mentar outras GRANDES figuras que fixeron e fan do GALEGO santo e seña. Ou a de tantas outras anónimas que no día a día sinten a Lingua Galega coma súa, se expresen ou non nela, pero que a coñecen e a adoran e saben que non hai outra que mellor exprese o sentimento pola TERRA coma Ela. Pero semella que iso non é visible.

Véñenme á cabeza agora moitas persoas que, na diáspora, conservaron esa esencia desta TERRA, transmitírona e séntense orgullosas Dela. Ás veces penso que foi traballo baldío. E tamén penso que constrúese o futuro vivindo o presente, pero mirando o pasado. E o idioma GALEGO, polo que se ve, é pasado, pero con estas lerias, igual non ten nin presente nin futuro.

É unha mágoa que haxa en GALIZA políticos que leven por bandeira unha Galiza desvirtuada, uns políticos que fan trampas cando preguntan pola lingua materna ou paterna. Non sirven á TERRA que lle deu vida. Sírvense a si mesmos. Gustaríame saber por que.

Quixera que alguén escribise o meu epitafio en GALEGO. Haberá entón quen o saiba facer? Vai ser mellor que morra pronto, pois os ventos que corren non me dan moito vagantío. Igual ata chega o momento en que non se saiba escribir en GALEGO, por moito que me empeñe en deixalo escrito no meu testamento vital.

Que me colguen polo que digo, non me importa demasiado. Dóeme GALIZA e dóeme o GALEGO. Morro pola miña LINGUA. (Tamén sei falar castelán correctamente, con acento galego e a moita honra!). Pero, QUE SERÁ DE GALIZA SEN A SÚA LINGUA?

EU TAMÉN DOU E DAREI CLASE EN GALEGO. É o único que sei facer. Ensinar en GALEGO.

Concha L. F.
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 11-07-2010 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 O galego ten pouco presente emenos futuro pero non hai que tirar a toalla que #blgtk08#algo quedará.
Ogallá o meu fillo teña unha profesora coma ti no futuro.
Comentario por paideleo (12-07-2010 01:02)
2 Esto que ti plantexas Nena do Paraugas recordame unha conversa con un coñecido de Madrid, na que despois de un momento de contraste de opinións eu din por zanxada polo soez e inoperante da mesma. Ben el plantexaba que porque nos costaba falar o Castelan se ao fin e ao cabo era a nosa lingua nai posto que er#blgtk08#a a lingua a partires da que xorden as demais (galego, catalan e valenciano). Eu tratei de explicarlle que nese caso o que tiñamos que falar era Latin, ¡foi infructuoso! Nesto da lingua haivos moito racismo: "Si hablas castellano molas, eres chic"; "Se falas galego eres parvo". Ai meu deus que pais o noso.
Comentario por A cruz da Campá (12-07-2010 17:54)
3 Eu tamén penso coma Paideleo, ogallá haxa moitas ensinantes coma tí, que así non morrerá, non morrerá.

Cada día atopo testemuñas que me fan coller esperanza, malia que estea resignada a que o castelán domina:
alguén chegou a unha cidade de europa e atopou castelan falantes: 0
lusos = 6
e despois din que o galego non serve cando vas fora!

E outra cousa:
para A cruz da Campá:
iso de que o galego non é chic; pois é certo que non se ver "cool", pero iso vai cambiando; hai algún neofalante culto, novo, guapo... e xa sabes que a xente guapa e con persoalidade marca tendencia para a outra xente nova!, e xa non é raro oir falar en galego de cachivaches electrónicos, de grupos de moda... a aldea é global agora, e hai xente mo#blgtk08#véndose en galego por ela.

Mesmo eu, algo máis vella (¡!),
levando o galego no meu interior como algo querido, por contaxio xeneracional adoptei o castelán no que me expreso a gusto; non atopaba o galego bastante vivo e dinámico para utilizalo en calquera eido,
pois ate eu tiven a Manuel Rivas!,
nos seus contos o idioma era actual,unha lingua moderna e viva, (non eran todo "os grandes da literatura galega"),
e él era un home novo guapo, moderno e ata cool, a realidade con pernas de que o galego valía para expresar de todo!
E tnato que valía velaí o tés, falando en jalejo e injlés polo mundo adiante.
Si, si, o galego é tan chic coma calquera outro idioma.
Agoara, pijos hainos ata que falen galego!

:-)
Comentario por Zeltia (13-07-2010 12:04)
4 Zeltia, tes que perdoar, pero eu non digo que o galego non sexa "chic", para min non é que sexa chic e que é a millor lingua do mundo p#blgtk08#orque é a dos meus pais, avos, etc.... Eu o que quería dicir e que hai xente que pensa esactamente iso. Por desgraza para eles, claro.
Comentario por A cruz da Campá (13-07-2010 12:14)
5

• Non morrerá o galego en ton existan xentes como ti na terra da chispa ¿non?
#blgtk08#
• bicos

CR & LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (14-07-2010 11:15)
6 O máis penoso do asunto é que as decisións que nos levan cara o pasado saen das cabeciñas de catro desleigados que seguen a vivir na auto-vergoña. Pero resulta que os votamos. Pois haberá que aprender a votar, non hai outra.
E mentres#blgtk08#, traballar polo noso, como traballamos sempre. Ollo, que non todo vai para atrás e a historia non acaba nun destes Feijoos esmendrellados. Temos moito máis ca iso e non vai desaparecer da noite para a mañá.
Bicos e a puxar polo noso.
Comentario por setesoles (16-07-2010 13:15)
7 Canta verdade hai agochada nas túa#blgtk08#s palabras!!!

Bicos
Comentario por Lidia (02-08-2010 00:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.