A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

PRIMEIRA COMUNIÓN
Quizais un dos feitos máis ledizosos nunha famila fose a primeira comunión dunha crianza, sobre todo se era a primoxénita. E se a madriña da crianza era a súa tía – avoa, pois como que á tal madriña se lle enchía o peito de orgullo porque, ademais da crianza, da nai e do pai, ela era a protagonista.
Miña tía – avoa Luscinda para min era un mito e sígueo sendo: alta e forte, boa moza, sempre disposta a axudar á veciñanza, facía unhas filloas de sangue pola matanza que rezumaban xarope. Era unha mestra regando o millo, vixiando os regos e as atolas, nas que a auga tiña que parar, para que o pé da pranta quedase saciado naquelas tardes do verán... E carrexando os feixes da herba á cabeza, sen que nin unha muxica se movese máis ca outra!
Xosé Luis, meu irmán máis vello, miúdo e tímido, pero cun xenio vivo e un inxenio sen límites, retranqueiro e simpático, desconfiado e xeneroso, era daquela o segundo home da casa. Ou o terceiro, pois o avó Antonio era a primeira institución. Nesta foto, vestido de mariñeiro, sentíase seguro a carón da tía Luscinda... Coma min. E contento por ser o centro de todas as miradas.
Nin ela nin el están xa aquí, pero hai moitas cousas que hoxe sei porque el e ela mas ensinaron. Quizais a mellor herdanza que se nos pode deixar sexa a disposición a axudar a quen nos rodea. A min deixáronma. Mágoa que ás veces non lle faga moito caso!

Concha L. F.
Foto: Sr. Ramón (1961)
Comentarios (6) - Categoría: Eu son... - Publicado o 01-07-2010 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 OS valores que se transmiten son a maior riqueza.
As mulleres naqueles anos e ainda agora son a #blgtk08#alma de todalas cousas como Luscinda.
Tampopuco se lle pode facer caso a todo.
Unha aperta
Comentario por Xan (01-07-2010 21:20)
2 Caindo a choiva nesta mañá de xullo, observo os ollos desas persoas que miran dende un presente xa ido a un futuro intuído, éste, no que xa non están.
Gústanme estas historias que se gardan nas memorias, que contamos a outros, coma unha homenaxe, agradecidos. Nunca me resultan indiferentes, non, algo tembla, ese vencello solidario do sabermos iguais.

O que nu#blgtk08#nca conseguín foi que me emocionasen as primeiras comunións. De certo é unha ceremonia que vexo bastante ridícula -falo da repercusión social e familiar, o banquete, os agasallos-
Que ninguén se ofenda, respeto o asunto, pero paréceme absurdo.

Da miña primeira comunión -que só tiña 6 anos- gardo un recordo difuso que se ceñía prácticamente ó vestido (prestado)
Comentario por Zeltia (02-07-2010 10:33)
3 Viña a pedir cartos pero vou calar. Ás veces chego mesmo á sensatez. Pou#blgtk08#cas.

Bicos ollando pra o termómetro. Púxose tolo dafeito.
Comentario por setesoles (07-07-2010 12:02)
4 Eu tamén fun "almirante" por un día: http://chousada#blgtk08#alcandra.blogspot.com/2009/12/inocencio.html
Comentario por Chousa da Alcandra (07-07-2010 18:31)
5 Fermosa le#blgtk08#mbranza!!
Comentario por Raposo (08-07-2010 13:37)
6 Disque somos enerxía e que esta non se destrue. Eu son máis da opinión de que somos le#blgtk08#mbranzas e que cando xa non se nos lembra desaparecemos, asi pois, a seguir lembrando.
Comentario por A cruz da Campá (09-07-2010 13:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.