A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III - DÉIXAME...


Cando canse o vento de acariñar as follas da roseira
e por fin repouse calmo no colo da noite...
Cando o sol tinga de vermello o horizonte
e volva a lúa amosar os seus brancos peitos...

Cando as estrelas escriban no firmamento
historias de camiños sen fin...
Cando os grilos esperten o sono da herba
e os vagalumes iluminen as covas dos desexos...


Déixame ser o vento que acariñe os teus sentidos
e tinguir de vermello o teu ser...
Déixame amosarche a brancura dos meus peitos
e escribir no firmamento a historia do teu camiño...

Déixame ser o grilo que esperte o teu sono
e o vagalume que acenda a túa paixón...

Ti en silencio...
Eu en silencio...

Déixame, entón, amarte,
como se ama ao vento, ao sol,
á lúa, ás estrelas, aos grilos, aos vagalumes...

Déixame só amarte, como eu sei
e ámame,
como só ti sabes facelo.

Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 24-06-2010 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 As túas verbas, fan que neste transo ó que me elevan, sexa posible entender o son do aire, a caricia da po#blgtk08#mba e os soños con bágoas. Admiro moito a túa escrita, transparencia e sensibilidade. Felicitacións(sempre).
Comentario por (24-06-2010 17:37)
2 Olvideime de identificarme(aínda q#blgtk08#ue tampouco sexa tan importante).
Comentario por maribel-bel (24-06-2010 17:38)
3 Quen fose silencio para ser #blgtk08#testigo de tan bonito amor.
Comentario por A cruz da Campá (25-06-2010 00:06)
4 uf, este poema e moito do meu gusto. estou eu hoxe coa pel sensible ás caricias, e as túas palabras pasaron por min coma a brisa cargada de arrecendos dun xardín de xazmins, a#blgtk08#brindo a porta ó aroma da sensualidade.
Ogallá puidera eu facer que chovan palabras nas que empapar os sentimentos.
¿xa estás agradecida polo teu don?
:-)
Comentario por Zeltia (26-06-2010 01:17)
5 Que doce e sensual este poema c#blgtk08#heo de amor.
Parabéns
Comentario por Xan (27-06-2010 13:30)
6 Todo me gusta moitísimo e fai que incluso levite un chisco (i eso que non mo dis a min...); pero onde #blgtk08#non me vexo eu é -durante ese concerto de lucería e paixón- calado...

Un bico con ruido
Comentario por Chousa da Alcandra (28-06-2010 22:44)
7 Hai queixas pola veciñanza. É envexa, por moito que disimulen.

#blgtk08#/> Saúdos a Xulio (envexa tamén, vaia día levamos... )

;)
Comentario por (07-07-2010 12:07)
8 Ese de enriba son eu. A calor #blgtk08#déixoume sen neuronas úteis...
Comentario por setesoles (07-07-2010 12:08)
9 Co teu permiso, compártote na miña rede social! De verdade que están sendo toda unha gr#blgtk08#ata sorpresa os teus versos. En diante, mirareite con outros ollos polos corredores ;)
Comentario por Ana R. Barreiro (12-09-2011 21:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.