A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SON




O son sen son
renace lento,
morno son, sen luz,
sen filigranas.

Torna breve,
medra logo,
abrangue o mundo,
devece e volve á calma.

Renace, coma Fénix,
dunha cinsa
e, nun salouco,
morre e nace… Canta.

Canta sen voz,
pon un silencio,
no medio dun compás
sen pentagrama.

Soa o son, sen son,
con campaíñas,
soa e cala,
cala e canta.

Entre brétemas e estrelas
berra e rosma,
repousa inquedo
nun berce de auga,

Son de ondas e de escuma,
estoupa e axorda.
O son sen son
cala e canta.

Concha L. F.
(Xuño-2010)
Foto: Xulio López
Comentarios (9) - Categoría: Varios - Publicado o 20-06-2010 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Poñer un silencio no medio do compás ten moito mérito; e se non hai pentagrama que o sosteña esa xa é unha clave con pirueta e doble salto mortal sob#blgtk08#re as cordas que o emiten (o son).
Fermosa fotografía. Podo imaxinarlle o seu son. Sin silencios nin pentagramas.

Bicos sonoros
Comentario por Chousa da Alcandra (20-06-2010 11:24)
2 Que fermosura#blgtk08# de poema!!!
Comentario por hadex (20-06-2010 14:56)
3 aaai, que cantarín resoan os versos, esta vez salpi#blgtk08#can gotiñas de auga de rosas deo ramiño de san xoán
Comentario por Zeltia (21-06-2010 01:27)
4 Que poema tan explosivo, que gusto da lelo, é coma unha bebida gaseosa que che fai coxegas na gorxa. Precioso. Non #blgtk08#hai que agradecerme os comentarios, as grazas temoschas que dar nos por regalarnos esta maravilla de Blog. Saudos.
Comentario por A cruz da Campá (21-06-2010 12:02)
5 Sabido é que a música non é nada sen silencios. Anque a cada volta sábese menos, hai que decilo.
Cala e canta,#blgtk08# aí está.
Fermosa foto. Cando me faga maior penso facer unha coma esa.

Bicos de verán dubidoso.
Comentario por setesoles (22-06-2010 12:21)
6 Te felicito efusivamente, me ha encantado!!

Es más, he vuelto a leerlo, algo que solo hago cuando algo me gusta mucho.

Es increíble com#blgtk08#o hay palabras que escritas en gallego adquieren una musicalidad y una dulzura de la que carecen en castellano.

Enhorabuena!!

biquiños
Comentario por (22-06-2010 13:00)
7 Poema refrescante pra unha tarde de calor como a de hoxe . Mellor cando s#blgtk08#e ten tan cerquiña ese telón de fondo de ondas e escuma .
Un bico
Comentario por Santi (22-06-2010 18:51)
8 O movemento do mar, ese que vemos na praia, desde as nosas beiras, a#blgtk08#parecen ante nós incesantes, hipnóticas, infinitas.
Un saúdo
Comentario por Xan (22-06-2010 20:20)
9

• Todos temos o noso son. E importante coñecer o modo en que sona e, mais importante, como facelo chegar a #blgtk08#nosos queridos.

• bicos

CR & LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (23-06-2010 19:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.