A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

DESDE A GAIOLA

Nesta gaiola de ausencia
encadeado á conciencia
teño o corazón pechado,
por se precisas saber
se te cheguei a querer
ou se a teima que me guía
é unha paixón pasaxeira
que troca con cada feira,
que muda ao morrer o día.

Acharte? Unha casualidade.
Coñecerte? Unha ilusión.
Desexarte? Unha tortura.
Posuírte? Unha obsesión
que me esperta cada día,
que me persegue e me anula,
coa que durmo sen saber
se mañá, co amencer,
verei a luz que me aluma.

O tempo vai pasando
encadeado á lembranza
de tanta paixón contida...
E revólvese contra min
para amosarme que, ao fin,
só me cómpre nesta vida
un alento de tenrura,
un segundo de loucura,
para bicarte a escondidas!

Mais ao mirar cara dentro
desta gaiola dourada,
vexo con grande amargura,
unha sombra que me envolve,
unha imaxe que se volve
e, sorrindo con dozura,
dime, colléndome a man:
“Abre o paraugas, María,
a ver se ao pasar o día,
se vai con el a negrura”.

O tempo, ao fin, vai pasando
encadeado á lembranza
dunha paixón sen razón...
É posible que esta vida
non me dea o que lle pida
e, ao cabo, con tanto NON
acabe por se apagar
a chama que está a alumar
este pobre corazón.

Haberá mañá? (1982)
Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (14) - Categoría: Varios - Publicado o 04-06-2010 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
14 Comentario(s)
1 Hermosa paixon encadeada entre os barrotes desa gaiola ... Hermosa pra que a ve dende afora ...Tortura pra quen a padece .
Quizai#blgtk08#s o voltar a cerrar o paraugas , apareza ese segundo de locura , nunca choveu que non escampara .

Un bico dende A Coruña
Comentario por Santi (04-06-2010 20:43)
2 Qué ben queda esta historia contada en verso. Unha paixón, unha re#blgtk08#nuncia. Un amor dos que non morrerá consumido, porque non arde...
Comentario por Zeltia (05-06-2010 13:57)
3 Que houbo mañá queda claro. O caso é que fose o día que a da gaiola esperase. En calquera caso todas as vivenc#blgtk08#ias -incluso as engaioladas- aportan cousas que sirven para voar na liberdade.

Bicos ganduxados
Comentario por Chousa da Alcandra (06-06-2010 11:22)
4

• Atados por las lembranzas dentro de doradas jaulas. ¿que podemos pedir?
#blgtk08#r /> • bicos

CR & LMA
________________________________

Comentario por ñOCO Le bOLO (06-06-2010 22:00)
5 os corazóns encadeados ás conciencias, en gaiolas de ausencia, con paixóns contidas. esta finde escoitando unhas confidencias dunha amiga casada lembreime deste poema teu. non sei se mal de moitos consolo de tontos, pero debe haber "andazo"!
(non sei eu se tanto atarse un á concie#blgtk08#ncia compensará ou se´ó final ese "ben" que se pensa estar facendo terminará facendo aínda mais mal, porque as paixóns son coma os gases, non se dan coutado, e terminan saíndo por algún lado, e se non estouran!

moitos biquiños, e que alomenos a poesía che sirva de escape!
Comentario por Zeltia (07-06-2010 10:35)
6 Era Zeltia, naquela xuventude nacente. Ségueo sendo agora, pero por motivos moi diferentes. O corazón sempre está encadeado, por algún motivo, á conciencia. Dunha ou doutra maneira estamos en gaiolas, aínda que os seus barrotes sexan os que nós poñemos, simplemente porque necesitamos poñer un límite. Contemos paixóns, unha veces por respeto á direferenza, outras outras por agarimo e outras por débedas de vida, pero debemos contelas, ou polo menos, dominalas e, mal lle acaba indo a quen non aprende a facelo.
Mañá sempre o hai, ata se o mañá é cinsa. Pero ata a cinsa ten significado e encanto. O caso, como ben dis Chousa, é a#blgtk08#topalo.
Ás veces encadeamos as paixóns e pensamos que é unha tortura, pero ao velo desde lonxe, quizais acabamos por chegar á conclusión que, mellor pensalo ben e calar ca diexarnos levar, Santi. Desde o acubillo do paraugas as cousas vense de diferente maneira e as máis das veces, resulta máis rendible mantelo aberto. Non vaia ser que nos mollemos de máis e acabemos sen fala.
As lembranzas teñen que estar sempre aí, pois construímos o futuro, vivindo o presente e mirando ao pasado. Non obstante, Ñoco, sei de boa tinta que non é bo recrearse demasiado no antes, pois pode que se nos nubre o agora e esvaeza o despois.
Comentario por A nena do paraugas (07-06-2010 15:42)
7 Coma sempre gustoume moito o poema, pero hoxe vouche falar de Xulio, cada vez logra transmitirme em#blgtk08#ocións máis intensas por medio da mirada da camara, se podes, felicitao da miña parte. Unha aperta.
Comentario por A cruz da Campá (07-06-2010 23:39)
8 que historia tan ben contada nun poema cunh#blgtk08#a gran musicalidade.

bicos,
Comentario por Aldabra (08-06-2010 18:09)
9 ¿é de hai tempo o poema?, eu sempre pico!
(vas ter que publicar os que non son actuais baixo a etiqueta "eu era..." en vez de "eu son" jajaja.
-ben dís que construimos o futuro vivind#blgtk08#o o presente e mirando ó pasado-
(Non sei se concordo con iso de que mal lle acaba indo a quen non aprende a conter as paixóns. Supoño que digo iso qu3 din os galegos: "depende")
;-)
Comentario por Zeltia (08-06-2010 23:57)
10 Fermoso, parece unha canción. Haberí#blgtk08#a que ponerlle música!
Bicos.
Comentario por Raposo (09-06-2010 11:48)
11 Pois se sabes algo diso, de porlle música, anímate! Eu non che #blgtk08#sei como se fai iso!

Graciñas a todas e a todos.
Comentario por A nena do paraugas (09-06-2010 14:44)
12 Moi fermoso este poema que recrea unha paixón impetuosa que o domina todo.Os anos pasa#blgtk08#dos converteron os interrogantes en respostas....
Encantoume.
Un saúdo
Comentario por Xan (19-06-2010 11:14)
13 Coido que é moi fermoso e coidado iste poema,mais atopo unha sensación de tristura e desacougo si se profundiza no seu texto,como si en algún tempo se desexara facer algo que non se fixo por mor de ter medo as consecuencias,non s#blgtk08#ei,pero da a sensación de algunha frustación ,pode que voluntaria.
O meu análisis mais profundo,non considero adecuado publicalo eiquí,pero podo,si queres,facelo particularmente,ou por email.
Felicitaciós e un bico
Comentario por Ulloa (11-07-2010 13:40)
14 Ulloa, o mau mail está á vista. Cando q#blgtk08#ueiras podes empregalo.
Saúdos.
Comentario por A nena do paraugas (19-07-2010 11:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.