A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V - PAÍS DE MARABILLAS


Albergaría para min é o teu refuxio,
doce fogar, prácido sono,
arroubo celestial das nosas almas,
nun amencer de aromas infinitos.

A ribeira sábeme a viaxe
de namorado pole entre flores,
sutil mensaxe de amor correspondido
coa esencia de caricia eterna.

Ese xardín sábeme a ledicia,
doce canción que soa nun oasis,
unión feliz de augas xemelgas
naquel regueiro
que leva as nosas vidas
cara o mar da eternidade.


Foto: Xulio López
Concha L. F.



Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 20-05-2010 19:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 arroubos celestiales e caricias eternas!
a poesía é o que ten.
e o estar namo#blgtk08#rada/o
ai!
quen puidera.

(que paisaxe tan fermosa a da foto!)
Comentario por Zeltia (21-05-2010 17:19)
2 E ao lelo, as palabras vanse deslizando suavemente polos beizos, cal regueiro#blgtk08# ansioso e ao mesmo tempo demorado. perfecta combinación de sons e estrofas.
Comentario por xenevra (24-05-2010 12:21)
3 Que xoguetona se amosa a auga no se nervioso transcurrir entre cañós e arbores. Bonita instantanea que par#blgtk08#ece sacada doutra época, onde na Galiza as xentes convivian coa natureza e non a destrozaban ao seu paso.
Comentario por A cruz da Campá (24-05-2010 12:29)
4 Esbarexen tan ben as palabras coma a#blgtk08# auga do regato que adorna o post...
Comentario por Chousa da Alcandra (24-05-2010 21:10)
5 Ola nena do paraguas, gústanos o teu blog. O luns imos a Maside e queremos coñecerte. Moitas gra#blgtk08#zas por ver o noso blog e escribirnos.
Moitos bicos e abrazos dos nenos e nenas de Dacón
Comentario por nenos e nenas de Dacón (26-05-2010 16:22)
6 Gústame, cando dís o amor. A natureza, nunca deixa#blgtk08#rá de sorprendernos. Unha apertiña de auga limpa.
Comentario por maribel-bel (26-05-2010 16:55)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.