A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX - MARGARIDA



Houbo un tempo
no que esfollaba margaridas
á sombra da parra,
mentres voaban os soños
cara o poñente,
arrastrados pola airexa
quente do verán.

Houbo un tempo
no que uns dedos dilixentes
debuxaban natureza sen descanso
no inmaculado lenzo da mañá
e recollían o orballo das herbas
para refrescar a pel arroibada
pola calor
daquel amor primeiro.

Houbo un tempo,
si,
no que era libre.
Mais pechou a liberdade
as súas portas
cando prendín
a miña sombra nos cabelos
do vento.

Agora que quero querer libre,
libremente,
non atopo a chave
que abre o cadeado
e o meu corpo vaga espido,
fitando a inocencia
que esfollaba margaridas
á sombra da parra.

Concha L. F.
Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 07-05-2010 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Ai, Concha, ¡onde vai o tempo das margaridas!
Gustoume, de ve#blgtk08#rdade, gustoume.
(Aínda podes atopa-la chave, non te rendas)
Comentario por Xosé (Pepiño de Piteira) (07-05-2010 15:40)
2 Querer é poder.A liberdade sempre ten as portas#blgtk08# abertas. Un poema moi fermoso.
Un saúdo
Comentario por Xan (07-05-2010 16:01)
3 Que belo poemiña, tan limpo, tan crariño. Tes que topar esa chave, e pensa que nunca os amores se repiten, nada de mirar cara a inocencia de cando esf#blgtk08#ollabas margaridas á sombra da parra.
todos os amores son diferentes, e todos se parecen en que a cara se arroiba pola emoción e as sensacións.
Comentario por Zeltia (07-05-2010 19:15)
4 Podería ser a canción dos teus recordos, o poema dun vran inesquencible, un amor primeiro que non ensoñado.#blgtk08# Gústame a poesía como respirar e medrar recordando. Escribes e tranmites moi ben. Biquiños de admiración.
Comentario por Maribel-bel (07-05-2010 21:06)
5 Gústame. Vai medrando na súa sinxeleza a medida que avanzas polo verso e, sendarte de conta, veste envolveita por un a#blgtk08#r que, malia confesarse non libre, parece de una textura libérrima, como o recordo das margaridas.
Precioooooso
Comentario por xenevra (08-05-2010 00:37)
6 Coma sempre Concha moito gosto en leerte, mais coma sempre deixasme un pouco perdido. Non me#blgtk08# atrevo a darlle un significado a todo ese sentimento. Saudos e grazas por os teus escritos.
Comentario por A cruz da Campá (08-05-2010 15:18)
7 Na miña tribo esfollabamos o millo. Eu na procura de atopar unha "reina", ignorando que o país era republicano...

Non sei a razón, pero ven#blgtk08#cellei esta lembranza miña a ese "prender a túa sombra nos cabelos do vento" para perder así a liberdade.

Bicos á sombra da choiva de maio
Comentario por Chousa da Alcandra (09-05-2010 00:26)
8 Fermoso poema, Concha.
A min tamén me trae moitos recordos a sombra da parra: de máis nena xogos coas margaridas e os pés de mil#blgtk08#lo a carón; de máis grande o descanso, cando axudaba a meu pai a facer algún traballo e comiamos ás once pan con xoubiñas en aceite...
Comentario por Eva G. Rei (09-05-2010 23:21)
9 Cando atopes a chave ha aparecer unha margarida que te enguedelle, xa o verás...
É o que ten a liberdad#blgtk08#e, que non hai dios que a entenda... Se é que chegas coñecela, que esa é outra.
Bicos cos pes mollados.
Comentario por setesoles (12-05-2010 12:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.