A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MIRANDO NO INTERIOR
Unha das cousas que máis me sorprenden das relacións humanas son as distancias e/ou cercanías que, por imperativo da correción e do respecto ás propias relacións, se establecen entre as persoas. Porque calquera achegamento, en público ou en privado, ten sempre uns límites que nunca poden ser rebasados en aras da convivencia, da educación e da rectitude no proceder. E tanto me ten que ese achegamento ou afastamento sexa para loubar ou para censurar as decisións doutras persoas e as nosas propias, que nos poden afectar directa ou indirectamente pero que poden chegar a mancarnos.
En todo caso e, facendo caso ou non ao dito de que "non hai maior desprezo que non facer aprecio", moitas veces calamos e non soltamos o veleno que se nos inxecta porque se supón que somos, de feito e por dereito, persoas, nunca belixerantes e que sabemos encaixar os golpes coma aquel profeta que poñía a outra meixela para a segunda bofetada, unha vez recibida a primeira.

Compensa iso realmente? Non o sei. Quizais porque a miña inxenuidade me ten levado a recibir máis das que levo dado, igual teño que concluír que non, pois xa estou empezando a cansarme de ser a persoa correcta e educada, concienzuda e reflexiva, xusta e conciliadora que de min se agarda e que moita xente pensa que son. E se me perdoe que me poña tantas medallas que seguro que non merezo, pero é que hai cousas que me encabuxan tanto e polas que levo mordido tanto a lingua que acaban por me envelenar.

Vén isto a conto de que moitas veces damos con tanta franqueza e intensidade o pouco que somos e posuímos que, o que damos acaba por ser iso, insignificante, froito soamente dunha xenerosidade mal entendida e dun primeiro impulso. Coma se cando se dá algo teña que ser obrigatoriamente inconmensurable e desmedido. Coma ser dar do que se ten para sobrevivir fose o mesmo ca non dar nada. Coma se, cando se dá o que somos porque non temos nada máis ca nós mesmos e mesmas para dar, non fose suficiente.

É este un reto difícil de superar. O meu egoísmo e o meu orgullo son os que me levan, tal vez, a enfocar desde o ángulo incorrecto a condición humana, tan proclive a dar a coñecer esa imaxe de grandeza que non posuímos. Ou a que temos de maneira innata, pero que non manifestamos porque é máis politicamente correcto disimular que, por enriba do noso ben, está o ben común.

E se me perdoe de novo, pero estou empezando a cansarme de tanto protocolo de actuación. Ao mellor o que teño que facer é devolver o veleno que se me inxecta, pero por duplicado e con efectos secundarios. Aínda que por outra parte pregúntome: Compensaríame realmente?

Que alguén me dea unha pista, por favor. Son demasiado pequena para entender certas cousas da vida.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (13) - Categoría: Eu son... - Publicado o 30-04-2010 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
13 Comentario(s)
1 Nunha ocasión a raiz de un pequeno asunto de negocios, falando con un empresario bastante coñecio da miña bisbarra e que ademais era amigo de meu avo paterno, deume un consello#blgtk08#, disculpando as formas: "As veces na vida hai que deixarse foder, pero sempre sen que te empreñen". Non sei se che serve de axuda Concha, a min xa me axudou nalgunha ocasión.
Comentario por A cruz da Campá (01-05-2010 00:54)
2 Nalgún momento todos mordémonos a lingua, é necesario para a convivencia. Noutras ocasións é bo e necesario dicir o que pensamos, coa corrección precisa, cun#blgtk08# sorriso impersonal pero soltándoo. Debemos ver as cousas coa distancia necesaria para non entregar a chave dos nosos estados de animo ao primeiro que pasa.
Comentario por Xan (01-05-2010 13:43)
3 Gustaríame moitísimo poder axudarche e darche un consello atinado (o de A cruz da Campá é moi atinado), pero vai resultar que eu son tamén demasiado pequeno como para ter unha b#blgtk08#agaxe suficiente para elo.

Asinado: o Neno da sombrilla

(Procura levar sempre contigo o antídoto da indiferencia para aquelas mordeduras velenosas)
Comentario por Chousa da Alcandra (02-05-2010 00:13)
4 Depende do día que o noso ánimo se revele ou non; pero tamén depende da persoa. Certo que a indeferencia soe ser un bo pago, mais... como devolver indiferencia unha e outra vez a quen non fai máis ca danarnos? Como dar constantemente recibindo só pequenas faragullas desleixadas? Non sei, estou nun momento estraño eu tamén. Ás veces xa vou#blgtk08# cansa de certa xente, pero só de certa xente. E o que si teño claro é que "esa xente" non vai facer que perda a miña maneira de relacionarme co resto. Iso si, de poñer a outra meixela... NUNCA MÁIS!!
Non che axudei, pero polo menos sabes que empatizamos ;) Un bico dos que se regalan porque si, porque me peta e porque me dá a gana.
Comentario por xenevra (02-05-2010 14:31)
5 Eu faría o que me fixera sentir mellor.
Ó fin, só tes unha vida e malgastala actuando como os demais esperan que o fagas, e regalarlle a túa vida.
Como di un amigo meu, que me cabreou moito cando mo dixo despois de pedirlle consello:
"cando teñas dudas de facer algo ou deixar de facelo, fai o que che apetece realmente, e non#blgtk08# lle deas voltas"
Parece un mal consello, pero despois penseino ben antes de aplicalo, e como todos, unhas veces sae ben e outras... mal! jajaja

bicos, concha, en todo caso todo importará tan pouco dentro para nós dentro de algúns anos, que non merece a pena.
bota a bilis fora e pon a quen sexa podre, i a tomarpolocú
Comentario por Zeltia (03-05-2010 11:53)
6 eu non podo decirche o que é mellor porque cada quén e cada cal, xa sabes... pero co paso do tempo decateime que nesta vida non se pode ser un mans abertas o un libro aberto porque hay moita xente que pode aproveitarse..#blgtk08#. hai que tratar de ser xusto e equilibrado e sobre todo valorar un pouqiño as cousas antes de facelas (contar alomenos ata 10) e logo actuar.

é un tema dificil o que plantexas.

biquiños,
Comentario por Aldabra (05-05-2010 16:17)
7 Seguramente hai algúns límites, pero debemos dicir o que pensamos, gardalo para un aínda que sexa politicamente co#blgtk08#rrecto non é bo na maioría dos casos.
E o de poñer a outra meixela tampouco cho aconsello.
Apertas.
Comentario por Raposo (06-05-2010 11:48)
8 Empeza o teu tan ben o teu artigo que empuxa a seguir lendo con atención ata o final. E que final lle fas. Un sinte a necesidade de darche o consello que pides e aí van os comentarios que preceden…Mais heiche dicir coma fixo o Neno da sombrilla (Chousa da Alcandra), pois penso que son ben mais pequeno ca ti e non podería darlle consello a quen, con toda seguridade, podería darme a min moitos mais. Non é falsa modestia, é que eu tamén ando#blgtk08# ben perdido nesas cousas. As veces pensas que fixeches moi ben calando e levando as cousas dunha maneira diplomática e outras vaste arrepentindo de calar, que xa estás moi cansado de facelo sempre. Non sei…seguramente non temos en conta que o noso interlocutor tamén lle pode estar pasando algo parecido…
¡Vaia, Concha ! Penso que me quedou un pouco embrollado o meu comentario. Xa ves que consellos che da este amigo que tés.
Comentario por Xosé (Pepiño de Piteira) (06-05-2010 12:38)
9 Pois vai ser que ao final, aínda cansad de protocolos, calo sempre, por respecto, porque sei que devolver unha ou pagar coa mesma moeda nunca conduce a nada. O que si é certo é que as verdades fan máis dano que as ofensas, aí#blgtk08#nda que se digan indirectamente.

Veredes o que relato é un dos moitos episodios cos que nos atopamos a cotío e que, como di o sombrilleiro, o mellor é a indiferenza.

Sodes... Ben, sodes. Grazas.
Comentario por A nena do paraugas (06-05-2010 19:28)
10 para amosar indiferencia, cando realmente che fai algo dano, compre ter moito temple! (ou non ter sangue nas veas) porqu#blgtk08#e non é nada doado.
-ben, se a indiferencia "nace" por suposto que é facil, pero se "se hace", eche outro cantar-
Comentario por Zeltia (06-05-2010 20:48)
11 Cando eres una persoa emocional, non hai quen lle poña rem#blgtk08#edio.....está ben así por outra banda.....Bicos agarimosos
Comentario por hadex (09-05-2010 11:09)
12 Non será cousa de negar esa dimensión social que din que temos, (non tou certo) pero se cadra non hai que minimizar por iso a individual. Pra mín que pesa máis.#blgtk08#r /> A chave está nesa pregunta que tan sensatamente fas. Compensaría? Pois se compensa... caña !! E acabouse. E marcho asubiando.
Bicos pasados por auga.
Comentario por setesoles (12-05-2010 12:20)
13 Comparto a túa reflexión.
Eu voume dominando, mais ás veces sáeme o becho.
Con todo, aprendín que ás veces non aprezar, #blgtk08#non só é o mellor desprezo, senón o que mellor senta, ademais de que dá tempo a pensar como reaccionar da maneira máis contundente...
Comentario por Acuática (14-05-2010 20:29)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.