A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GRISES
Esta sensación de frustración e ruptura, de impotencia e inseguridade vaise facendo cada vez máis intensa. Vou de un lado a outro sen saber moi ben o que ven comigo. Estou empezando a ver todo desde lonxe, como se estivese voando sobre todo o que me rodea. E aí está de novo esa sombra, longa e gris. E míroa por enriba do ombreiro porque teño medo de mirala de fronte, porque me asusta, porque me rompe e me desarma, porque xa chegou a formar parte de min...



Concha L. F.
Comentarios (9) - Categoría: Eu son... - Publicado o 26-04-2010 07:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1
• Sempre, hasta nos días máis soleados, as sombras están con nos. Non e malo... sempre que non deixemos que gañen elas a loita. Mentras.. a vida vai pas#blgtk08#ando, como as follas dos arbos.

• Bicos

CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________

Comentario por Ñoco Le Bolo (26-04-2010 17:17)
2 Mira ti por onde, practicamente, compartimos imaxe. Que sería das policromías sen unha boa paleta de grises!!!.
#blgtk08# Eu mírolle ó teu ceo un buratiño moi iluminado. Non me digas que non o ves...

Bicos con perspectiva
Comentario por Chousa da Alcandra (26-04-2010 18:54)
3 Fíxate como no medio das nubes grises o s#blgtk08#ol esta parindo raios de esperanza azuis.
Comentario por Xan (26-04-2010 20:56)
4 As veces non hai coma un bo gris, para ch#blgtk08#egar a un festival de cores primaverais.
Comentario por A cruz da Campá (26-04-2010 22:28)
5 pois con esa sensación desazonante mellor poder mirar as cousas coma de lonxe, intentar planear coma as gaivotas nas corrientes do ar; facerte a morta sobre da auga.
a estas al#blgtk08#turas xa imos sabendo que todo pasará, e que mentres... ¿non é marabilloso estar viva?
Un bico nesta mañán luminosa, na que parece incrible que existan as sombras (pero hainas)
Comentario por Zeltia (27-04-2010 09:33)
6 E se a invitamos a un cafetiño? Se lle gusta digo eu que será mais amistosa. Se non lle gusta igual conseguimos arredala un pouco dos arredores.
Eso si,#blgtk08# compre non darlles boa vida, que se afán. E miralas cun aquel de fachenda, non vaian pensar que están na súa casa.

Bicos en technicolor.
Comentario por setesoles (27-04-2010 16:38)
7 Non te apures,xa desp#blgtk08#exará, xa despexará.
Comentario por Raposo (27-04-2010 23:49)
8 Eses grises traen a treboada, a sombra convértese en chuvia e cando todo estea mollado poderemos descansar para #blgtk08#ulir o arrecendo sempre fermoso da terra húnida a nos acariñar a vida. E despois... despois virá o sol de novo.
Comentario por TQV (28-04-2010 20:26)
9 Tempo de melancolías, noxentos días de cambi#blgtk08#o, á espera de espazos abertos..un biquiño.
Comentario por maribel-bel (29-04-2010 19:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.