A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIII - NOITE



Construín o meu soño con retallos da memoria.
Cada ladrillo, un paso.
Anégame o cansazo...

No camiño, ti,
auga que refresca,
regalando sorrisos e palabras.

Vou e veño polo corredor,
mirando de fito en fito
se a vida esperta e me sorprende,
aproveitando cada segundo de soidade
para gozar da túa esencia.

Tic, tac, tic, tac, tic, tac...
O reloxo segue,
esmorece o tempo,
as estacións mudan,
muda a xente.
Ti evapóraste, elévaste...
E desde o alto contémplasme,
coma a anxa redentora
da túa miseria.

Eu,
salvadora deste universo incerto
da realidade dun cigarro e dunha cervexa,
de horas en vela,
de traballos e de soños que se perden na espesura que me envolve,
agardo outra noite,
unha máis...

Nada manca.
Nada doe.
Só silencio,
esluído na escuridade.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (5) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 15-04-2010 19:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Que envexa, sana, me das!! Todos os que escribides así de ben....en fin, sempre d#blgtk08#igo que eu nacín para apreciar o arte dos máis....


Bicos!!
Comentario por hadex (15-04-2010 20:21)
2


• Hay silencios tan sonoros que las palabras son abortadas antes de nacer. E doe. Doe tanto como a escuridade na plena#blgtk08# luz do sol.

• bicos

CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________

Comentario por Ñoco Le Bolo (15-04-2010 21:17)
3 se non manca...
ainda que sempre que hai sentimentos algunha magulladura sempre se leva ¿ou non?
eu digo como Hadex, vaia envexa de poder expresar as emocións, os sentimentos a través#blgtk08# da poesía... debe ser coma esa explosión do desexo satisfeito!. Eu case nunca quedo co gusto de expresar o que quero dicir. fáltanme as palabras (e non será porque fale pouco!)

:-)
Comentario por Zeltia (16-04-2010 19:53)
4 Coa licencia poética sin taxas nin tasa, véxote salvadora do certamente incerto universo. Lémbrate de salv#blgtk08#arme a min tamén, que ás veces ando despistado escoitando tic tacs...

Un bico en hora punta
Comentario por Chousa da Alcandra (20-04-2010 20:11)
5 En cada tic, un soño; cada tac, unha realidade. Perfectamente enxergados nos versos, retallos de memoria, pedagas no camiño, auga que vén para espertar a vid#blgtk08#a. Versos que se estiran, que se encollen, que se alongan, que case desaparecen ata ser un silencio na escuridade.
Fermosos versos deita o teu reloxo
Comentario por xenevra (20-04-2010 22:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.