A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TENTACIÓNS
Non puiden resistir a tentación de engadir algo ao blog, logo das vacacións (de mestra). A aterraxe ao posto de traballo non é doada. Nunca o foi. E iso que son unha persoa moi afortunada, pois o meu alumnado é do mellorciño que se pode atopar no mundo da docencia. Pero é que ás veces semella que cos cambios da Lúa todo se volve turbio e enlodado.
Logo de ler novas sobre a corrupción sexual de persoas (se é que son persoas, que o dubido) membros da igrexa católica, en datas tan significativas coma a Semana Santa; logo de ler catro cousas en diferentes medios periodísticos on line (que ben me quedou, vistes?) sobre o caso Gürtel; logo de ver que un paisano de 20 e poucos anos levou de chapeu a varias persoas nun accidente de tráfico porque estaba baixo os efectos de estupefacientes varios (iso é o que di a prensa); e logo de ler o que se publicou sobre a terrible morte dunha rapaciña de Seseña, a mans doutra rapaciña, pregúntome o mesmo que me preguntei cando á nena Erika a meteron, morta, nun contenedor de lixo: Que estamos a facer mal as persoas para que o mundo estea tan enmerdado?
Eu non sei se cando as miñas crianzas teñan que facerse responsables doutras persoas, ou cando o meu modélico alumnado (non é merito meu, son de boa raza e teñen unhas familias "chapeau") bote a andar polo mundo adiante, van ter a forza necesaria para poñer pexa a tanta deshumanización. Ogallá o poidan facer, porque de non selo, a merda que se espalla polo mundo vainos engulir e será unha mágoa, pois o non merecen. E non é paixón de nai ou de mestra. É que creo que son boa xente. Pero tamén as tentacións son moitas.

Concha L. F.
Comentarios (11) - Categoría: Eu son... - Publicado o 06-04-2010 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Éche un grave problema.....pasouse dun extremo a outro e así nos vai. O das nenas é terrible, absolutamente. Algúns sectores xuvenís hoxe en día son moi violentos e#blgtk08# acosadores. Para min a culpa na maioría dos casos é da educación familiar. O caso da nena de Seseña penso que vai máis alá,é unha enfermidade.

Bicos
Comentario por hadex (07-04-2010 08:33)
2 Comparto as mesmas reflexións ca ti e moitas veces parece que non hai ganas nin de ler/ver as noticias...Efectivamente, como di Hadex, pasamos dun estremo ó outro e ningún é o axeitado.
Non teño palabras para rexeitar os casos de abusos. É algo que me supera todos os límites de comprensión que podo ter para calquera outra cousa.

Con t#blgtk08#odo, tamén hai que subliñar duas cousas:
1. Que hoxe so "venden" as noticias malas.
2. Que non é noticia que un can morda a un neno, senón que o neno morda o can.

Algo deso hai eh.
En todo caso, temos que seguir sementando, dende os ámbitos educativos e familiares, o que en nos xermolou...

Un bico
Comentario por Chousa da Alcandra (07-04-2010 15:53)
3 Hai unha evidente crises de valores e unha sociedade que non sabe deica donde camiñ#blgtk08#a. Un mundo sen referentes, sen ideais que produce vidas sen senso.
Un saúdo
Comentario por Xan (07-04-2010 22:10)
4 Corren malos tempos (e non só para a lírica); a sociedade leva esbarando xa hai bastantes anos cara u#blgtk08#nha decadencia alarmante. Non sei que vai pasar no futuro pero eu non son optimista.
apertas.
Comentario por Raposo (07-04-2010 23:06)
5
• Los efectos de la educación son siempre a largo plazo. Generalmente, buenos. Pero sabes que la escuela compite desigualmente con la nociva influencia de esos 'nuevos patrones' con los que la telebasura impregna todo lo que ilumina. Solamente la acción coordinada de maestro y padres, y es díficil, podría tra#blgtk08#tar de romper la dinámica perversa que que puede más la inmundicia que el sentido común.
• Ánimo, que en tus manos tienes el mejor material del mundo... para cambiarlo, el mundo.

• bicos

CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________

Comentario por Ñoco Le Bolo (08-04-2010 13:08)
6 Faltan valores familiares(pais separados) que non conflúen na educación dos fillos, esa desorganización os cativos lévana a vida real. Falta tempo para estar con eles(aproveitable), sempre cansos esperando descansar do traballo.Falta respeto para os educadores, #blgtk08#tratando sempre de buscar a forma de desautorizalos diante dos cativos, creando esa sensación de que sempre teñen razón(cando non é así). Sobran Nintendo e faltan minutos compartidos onde se fale do acontecido durante os días. Perdoa, creo que fixen mitin. Bicos
Comentario por Maribel-bel (08-04-2010 22:05)
7 Non sei que engadir ó dito.
Se cadra facer o apunte d que barbaridades hóuboas en todos os tempos. Outras diferentes. Todos somos fillos do tempo no que nos toca vivir; e estou segura de que sempre houbo persoas, nenos, adolescentes, vellos, mulleres e cans en que se lles virou o sentido e fixeron barbaridades. Agora sábese máis porque non hai distancias, porque os medios de comunicación achegannos as atrocidades ás nosas mesas mentres comemos, xenéramse debates. etc- etc.
pero claro que eses nenos e nenas marabillosos que terás na túa clase parece imposible que non#blgtk08# vaian ser homes e mulleres de ben... pero álgún fillo de puta sairá entre eles, non o dubides.
Creo na boa parte da natureza humana, incluso na entega total, na heroicidade. Pero tamén creo que todos levamos dentro un monstro. Ddepende das circunstancias con quenos atopemos na vida, do que se nos cruce, da sorte de ter tal ou cal educación... sae un ou o outro.
bueno, creo que fixen un comentario bastante xeneral e superficial, pero a verdade arestora, non podo pensar con moita claridade. (ainda cando penso con claridade non adoito ter nada moi claro, moi claro...)
Comentario por Zeltia (09-04-2010 01:08)
8 Cada vez comprendo menos o que está a pasar , pois sempre confiei no gran potencial que posee esta xuventude emerxente , entendo que os tempos que lle tocou vivir non son os mais desexables , pero teñen os suficientes coñecementos e agallas para romper con esa violencia que os circunda , sobre todo a que nos fan tragar polos mal cha#blgtk08#mados medios de comunicación , que hoxe en día mellor chamalos " medios de contaminación ". Os educadores , en xeral , constame que poñedes todos los medios , pero os pais , as veces quedamos atrás , perdemos ese tren que leva a bordo o respeto , responsabilidade , seriedade , e non sabemos ou queremos inculcarlles .
Un bico
Comentario por santi (09-04-2010 11:46)
9 Dá medo o mundo. Antes pasaban estas cousas e non o sab#blgtk08#iamos ou non pasaban e son novidades? Dá medo o futuro!
Comentario por TQV (09-04-2010 19:02)
10 Eu non sei que pasa. Supoño que cousas destas pasaron sempre, pero creo que antes había outra manei#blgtk08#ra de atallalas. Ou é que agora temos os medios ao alcance da man e non sabemos usalos. Que sei eu?
Comentario por A nena do paraugas (09-04-2010 20:04)
11 Pois vou coincidir con Chousa (e mira que me amola); creo que o que pasa é que só fan noticiable o que se sae do habitual, do normal. O teu alumnado non é noticia de periódico, e seguro que teñen tantas vivencias que contar e tantos desexos por facer, que darían para libros enteiros!!! Pero iso n#blgtk08#on vende, nin na prensa, nin na tv. Consumimos o aterrador, o despreciable, o soez, para así sentirnos mellores persoas en comparación con todo "eso" que nos rodea.
Por sorte, son uns poucos os que así actúan.
(creo que din coa maneira de enlazarte, pero só o creo :( )
Bicos
Comentario por xenevra (14-04-2010 22:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.