A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
VIAXES |
|
Luís era electricista. De novo, gabeaba coma ninguén polos postes de madeira dos tendidos eléctricos da Serra do Suído, con aqueles ferros dentados atados aos nocellos, que máis ben semellaban a boca dun crocodilo, e coa única seguranza dun cinto de coiro que o suxeitaba ao pau. Un día coñeceu a Concha, quen desde moi nena traballou arreo para axudar na casa, pois era a máis vella de tres irmáns e irmás e, tal vez, a súa única diversión era “escapar” os domingos para pasear co seu noivo.
Concha e Luis casaron en abril do 1952 e a súa lúa de mel foi ben curta: unha viaxe a Ribadavia. Logo, no verán dese mesmo ano, Jaime, un amigo, invitounos á súa casa, na Hedreira (concello de Avión) e alá marcharon.
Pode que hoxendía nos pareza unha viaxe sinxela de realizar, pero daquela, cando aínda as estradas eran camiños de carro, non existían teléfonos móbiles e quen tiña unha pequena moto, tiña un grande tesouro, ir desde Partovia (O Carballiño) ata o alto da Serra do Suído, tiña que ser unha viaxe ben dura. Non obstante, a satisfacción que proporciona compatir amor e amizade, compensa sempre calquera esforzo. Os rostros de Luís, Concha e Jaime así o amosan.
Concha L. F.
|
|
|
|
6 Comentario(s) |
|
1 |
Esas caras de felicidade son o reflexo perfecto da aventura da viaxe. Nesas pequenas (naqueles tempos grandes) aventuras ás vec#blgtk08#es atopamos moitas cousas que non atopariamos nunca nunha viaxe longa, a calor da amizade, poe exemplo... Que nunca nos falte! |
|
|
Comentario por TQV (05-04-2010 11:00) |
|
|
2 |
Boeno, pois non vexo eu moito motivo de queixa: Luis e Concha fixeron aquela viaxe nun "douscabalos"!!!!. E con chófer e todo.
Non hai duda de que aquelas, que hoxe nos parecen nimias, aventuras; significaban toda unha fronteira entre unha rutina cu#blgtk08#n radio de acción verdadeiramente cortiño, a sair dese círculo para -amplo senso- viaxar. Lembro a meu avó contar unha viaxe a Lugo, medindo a distancia en xornadas...
Bicos medidos en ...¿cal é a unidade axeitada para medir os bicos?
|
|
|
Comentario por Chousa da Alcandra (05-04-2010 11:26) |
|
|
3 |
bueno, bueno, aí temos a Concha, amazona feliz, cunha aventura por diante...
non lle vexo eu a aquelas viaxes menos emoción da que se pode ter agora por viaxar a New York, Lima, Roma ou Paris.
os medios dos que dispoñemos para recorrer as distnacias, acúrtanas.#blgtk08# As vacacións "pagadas", fai que viaxar non sexa tan excepcional...(antes, menos os ricachóns, os outros non podían perder o tempo "en non facer nada") así que eu vexo aí, nesa foto, nesas caras, toda a emoción do novedoso, da aventura, da alegría de ter un tempo de lecer. |
|
|
Comentario por Zeltia (05-04-2010 11:48) |
|
|
4 |
Agora temos tanta fartura de todo que non aprec#blgtk08#iamos esas viaxiñas curtas e cheas de emoción. |
|
|
Comentario por paideleo (05-04-2010 23:40) |
|
|
5 |
Moito me gustan estas fotografías, con esa cor do antigo, do que parece tan lonxano, sen pinturas, lucindo naturales e cos olliños ch#blgtk08#eos de luz e felicidade. Calquer viaxiño de entón é como un de agora a Australia, creo que moito máis disfrutados daquela. Un besiño. |
|
|
Comentario por Maribel-bel (05-04-2010 23:46) |
|
|
6 |
O bonito das viaxes é deixarse sorprender, sexan dous quilómetros ou douscentos. Pero o certo é que hoxe, coa fartura que dicía Paideleo, semella que non damos valor a certas cousas. #blgtk08# />
Hoxe,por exemplo, dei un paseo pola beira do Arnoia e aínda que o teño feito máis veces pareceume distinto, e descubrín cousas nas que non reparara antes. O río estaba fermosísimo. |
|
|
Comentario por Eva G. Rei (10-04-2010 23:52) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|