A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII - PROCURA


Onde estás,
amor,
que non alcanzo a percibir o recendo dos teus labios?

Quizais a noite encheu de soños,
xenerosa, as túas mans
e os teus cabelos,
voltos do revés,
contan a historia verdadeira
que asoma
aos sucos da túa fronte.

Orfa de sangue a miña lingua
busca na escuridade a humidade da túa
e, desesperada,
espera unha pinga de zume que a resucite
e refresque o árido deserto
no que transita,
núa de palabras.

Concha L. F.
Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 29-03-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Pois por ese vieiro que amosas na foto, na xusta hora que captura a imaxe, é un perfecto lugar para atopar a lingua, a pinga e todo o que se tercie detrás...

(Son tremendamente malévolo. Despoi#blgtk08#s dun poema tan sentido e fermoso, vou eu e digo pouco menos que o amor debe andar subido na parra!. Agardo comprensión para este neno traste e sen paraugas)

Un bico vestido de palabras bonitas
Comentario por Chousa da Alcandra (29-03-2010 11:41)
2 Este vieiro que amoso é o de Calixto e Melibea, o do horto que tiñan coma o seu refuxio en Salamanca, segundo din as xentes de alá. Merece a pena perderse nel de noite. E se é c#blgtk08#unha boa compañía, máis. Préstase o lugar a calquera cousa.
Compréndote, meu.
Se me chegasen as forzas a onde me chegan as ideas, igual mandaba o paraugas a paseo!
Comentario por A nena do paraugas (29-03-2010 14:38)
3 Nos cinzeis das derrotas, aparecen palabras fermosas para coller con tesón os novos camiños, ampli#blgtk08#ando se se pode,cada sensación de amante, xa coñecida. Núa de verbas, non te sinto..Unha apertiña.
Comentario por maribel-bel (29-03-2010 18:16)
4 ai, iso digo eu tamén!:
"Onde estás,
amor,
que non alcanzo a percibir o recendo dos teus labios?"

e tamén coma maribel, que núa de palabras non se che vé ;-)

e xa #blgtk08#que vai do que decides todos, espero que non teñas comprensión ningunha co Chousa, con paraugas ou sen él, que moito por rosiñas no seu blog, pero despois escarallouche todo o "clima" sensible e intimista do poema!
Comentario por Zeltia (30-03-2010 16:06)
5 A verdade é que algo malévolo é o Chousiña, pero mira, déixao. Se é feliz a#blgtk08#sí, que lle queres? Semella ser algo... neo ás veces. Moi enxeñoso, iso si.
Comentario por A nena do paraugas (30-03-2010 16:31)
6 Fermoso poema, Concha.
T#blgtk08#i nunca estás núa de palabras.
Comentario por Eva G. Rei (04-04-2010 02:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.