A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV- LÍA


Lía no fondo dos teus ollos
a esperanza que te envolve.
Lía no espello da túa alma
que desexabas que te amase.
Lía, pero sei que é imposíbel,
aínda que a néboa desapareza
cando chegue o Sol
e morra de envexa
ao atopar a túa mirada.

Róubasme o tempo,
interrómpesme,
confúndesme.
Non é casual...
Ámasme, ámote...

Deixa que esta noite nos arrole
no berce dos soños e mañá,
co amencer, vaite.
Foi... fermoso.

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)
Comentarios (11) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 16-03-2010 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Con reloxos así...calquera non se lía. Nunca chega a hora #blgtk08#axeitada para marchar. Nin ganas que hai de que chegue!!!
Comentario por Chousa da Alcandra (17-03-2010 00:05)
2 cando, como di o poema os amores son imposibles, é unha boa opción deixar que unha noite arrole ós amantes no berce dos soños e despois... marchar.


(máis niso de #blgtk08#ler no fondo dos ollos,
de ler no fondo das almas,
hai que andar con tino porque é ése unha linguaxe algo enganosa,
xa que podemos ver o que queremos ler neles...)
Comentario por Zeltia (17-03-2010 12:50)
3
• Los amanecer son siempre hermosos. Me encanta la foto.

• Salud#blgtk08#os

CR ____________________________________
LMA

Comentario por (19-03-2010 00:57)
4 Fermosas son as tuas letras... :)

Deseguro que sería unha#blgtk08# noite que xamais se poderia esquecer.

Unha forte aperta.
Comentario por Merce (20-03-2010 08:15)
5 Cando algo foi fermoso é moi fificl deixalo marchar, case imposi#blgtk08#ble, non perseguir a quimera, aínda que queimes as ás no tempo.
Comentario por Xan (20-03-2010 11:09)
6 e por se o reloxo perde a guía, que lía, debuxas cos teus versos unha seta puntiaguda, que atrave#blgtk08#se dende os ollos ata a alma, sen danos mais dano co-lateral que o deixarse arrombar pola noite.
Comentario por xenevra (21-03-2010 13:24)
7 nese ir e vir de cousas cotiás, unha noite, un amencer ou un intre roubado á tarde, é un i#blgtk08#nfinito no que se encerra máis do que ás veces se garda en toda unha vida.
grazas.
Comentario por A nena do paraugas (21-03-2010 13:27)
8 Se cadra sóbrannos horas e días e meses e mesmo anos, que xa é decir moito.
Pero hai horas que non se poden borrar porque é tanto coma tapiar de vez a vida enteira. Qué razón tes... #blgtk08#r /> Fermosísimo, por certo. Lixeiro nas formas, pero intenso, natural, fondo... Xa me calo.
Só por preguntar, non che quedará outro reloxo destes?? ;))
Parabéns ao fotógrafo.
Comentario por setesoles (24-03-2010 16:27)
9 Demasiadas poucas horas adicamos para amar. Pola#blgtk08# contra se dedicasemos máis o mundo iría millor.
Comentario por A cruz da Campá (27-03-2010 12:11)
10 Demasiadas poucas horas adicamos para amar. Pola#blgtk08# contra se dedicasemos máis o mundo iría millor.
Comentario por A cruz da Campá (27-03-2010 12:11)
11 Non existen reloxos coma este, agás no maxín. E iso creo que non é moi#blgtk08# operativo. Aínda así, se atopo algún, compartireino convosco. Grazas.
Comentario por (29-03-2010 10:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.