A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II - PENA CORNEIRA


Cansou o xigante de xogar aos birlos,
deixando abandonadas
as bólas nas pendentes e,
esquecida no teu cume,
bambéase, indecisa,
a testemuña do seu eterno xogo.

Repousa a meiga
entre os carballos e os bidueiros,
os toxos, as xestas e os carrascos
que baixan ás boleiradas
nunha carreira interminábel
por acadar o val
e voan cara ao ceo,
deixando farrapos amarelos,
brancos e azuis,
no verde vello que te asolaga.

O horizonte debuxa curvas interminábeis
que roxan coa luz do solpor e,
nas alboradas,
arróupanse co leve manto
das brétemas que ascenden,
saciando a sede das sementes
espalladas entre os teus penedos.
Non queimedes a beleza
que o xigante xerou e que, un día,
a meiga azul e branca,
pariu nas terras que coroan
o Miño e o Avia!

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)
Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 10-03-2010 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Non lembro ter visto unha advertencia tan clariña, concisa e tan poé#blgtk08#tica á vez.
Que non a queimen!

Bicos de Antas
Comentario por Chousa da Alcandra (11-03-2010 15:13)
2 Soanme as curvas deses montes, lástima que alguns#blgtk08# teñan por costume queimar a beleza do noso pais.
Comentario por A cruz da Campá (11-03-2010 19:26)
3 Ai Concha,empápate ben da paisaxe, agora que se nos amosa tan bela, tan impresionante, a nosa casa, porq#blgtk08#ue máis adiante quen sabe se aínda quedarán carqueixas e xestas e carballos para tecer os teus versos...
Comentario por proida (12-03-2010 09:15)
4 Unha fermosa pregaria, Concha.
#blgtk08# Ai que ver como manexas as palabras.
Comentario por Zeltia (12-03-2010 12:45)
5 É a paisaxe que se divisa desde as fiestras da planta superior da casa de miña nai a que "manexou" estas palabras, xa que é raro que, chegado o mes de agosto#blgtk08#, non se eleve unha columna de fumo na Corneira ou no Suído e iso é algo que me encabuxa e me entristece, xa que anula os matices do ceo do solpor no verán.
Comentario por A nena do paraugas (12-03-2010 15:55)
6 E neste ano do grande Uxío Novoneyra recolles ti para nós, en plena homenaxe á nosa natureza máis pura, os seus cumes e bidueiros, os toxos, as #blgtk08#xestas, os carrascos, os farrapos amarelos dunha meiga azul e branca que foi a nosa paridoira.

Marabillosa alegoría para os ollos
Comentario por xenevra (13-03-2010 22:44)
7 Concha, vaia privilexio ter esa paisaxe diante da fiestra!
non o digo por cando arde, claro, pero se a todos nós nos enc#blgtk08#he de pena e xenreira ver arder o monte, comprendo o que debe ser velo dende a ventá!
(por certo onde queda a Corneira)
Comentario por Zeltia (14-03-2010 10:31)
8 A Pena Corneira está na provincia de Ourense. Se te sitúas no Carballiño e miras na dirección do Poñente, divisas a Serra do Suído, que marca a liña divisoria entre a provincia de Pontevedra e Ourense, cara ao Noroeste.
O río Avia é afluente do Miño e o Arenterio é afluente do Avia, no cal desem#blgtk08#boca cerca de Pazos de Arenteiro. Fórmase nesa zona un val profundo, no que se construíu o embalse de Albarellos, aproveitando o desnivel do terreo. A casa de miña nai está situada entre O Carballiño e Leiro, pendurada coma quen dis, nunha pendente desde a que o primeiro que se ve é A Corneira.
Comentario por A nena do paraugas (14-03-2010 12:08)
9 Gustaríame inventar as paisaxes, como inventar as palabras e sen fume, para que luzcan como #blgtk08#foron creadas. O poema precioso, coma sempre..unes versos coa facilidade da sabiduría. Bicos
Comentario por Maribel-bel (16-03-2010 21:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.