A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIV - SE NON FOSE ASÍ


Sacudimos a alma de bágoas e temores,
cando os ventos da adversidade
arremuíñan as nosas augas e mantemos, firmes,
a mirada posta nun punto indefinido
que desprende minúsculas partículas
que se filtran cando inhalamos aire.
Sacudimos os soños de pesadelos
cando a luz esmorece e a noitebra
envolve o traxe que a terra nos doou
e miramos a escuridade cun sorriso
cómplice e paciente,
porque sabemos que nela aniña unha raiola,
premonición do albor.

Se así non fose, que sería da beleza
agochada no orballo,
nas ondas e nos montes?
Se así non fose, que sería dos arumes da infancia,
das roupas estendidas
polas mans que nos abrigaron
á calor da esperanza?
Se así non fose, que sería das imaxes e dos sons
ciscados na lembranza ?
Se así non fose, quen había soster
con pulso decidido a ledicia sobre a herba,
o alento nas ás das bolboretas,
e as plumas da paz presas
nas mans das crianzas?

Se non fose así, nin vós nin eu
estariamos aínda loitando
para que o sol do abrente
dilúa as pantasmas que camiñan
ao amparo da noite,
as que eclipsan o sorriso da lúa
que agarda serena ás estrelas,
para contarlle que,
entre a aurora e o solpor,
hai vida e que a vida,
entre o solpor e a aurora,
descansa.

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)
Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 02-03-2010 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 ...e por todo iso que ti dis, a vida é vida; incluso cando descansa.
(Que ás veces boa falla fai!!!).

Gústanme o#blgtk08#s motivos que das para reafirmar as ledicias da existencia. Habelas hainas; así que...mellor destapalas; non si?

Bicos
Comentario por Chousa da Alcandra (03-03-2010 20:43)
2 bueno,
a min como me gusta levar sempre a contraria,
direi que entre o solpor e a aurora tamén che hai moita vida!

(claro que imaxino que falas en sentido m#blgtk08#etafórico, como fala sempre a poesía)

admiro moito eu esa maneira de expresar os sentimentos e as sensacións... sempre mostrándose e sempre a cuberto. (e tí falo moi ben)
Comentario por zeltia (04-03-2010 16:39)
3 Eu diría que a vida cando descansa e nos libramos do "ruido" da existencia, d#blgtk08#o estres do traballo, etc..., entón, nese preciso instante empezamos a vivir.
Comentario por A cruz da Campá (04-03-2010 19:00)
4 Se así non fose, teríamos a alma e o corpo pechados a todas as sensac#blgtk08#iones, navegando a deriva,case sempre, sen esperanzas. Unha apertiña
Comentario por Maribel-bel (06-03-2010 23:41)
5 Esa mistura foto-literaria e unha explosion para os sentimentos, un vai#blgtk08# lendo, e vai observando, e vai descubrindo...

Biquiños
Comentario por Merce (07-03-2010 13:15)
6 A vida que hai entre o solpor e a aurora é moi diferente á outra. Máis perigosa quizais, pois o inconsciente vaga sen control. Pero aínda así, descansa.#blgtk08#.. O corpo consciente colle forza para poder vivir entre a aurora e o solpor, tal vez de maneira inconsciente.
Vale, xa me volivín liar. Grazas.
Comentario por A nena do paraugas (07-03-2010 17:24)
7
• Ese sol que diluye fantasmas es nuestro aliado pero, a veces, los fantasmas nos son necesarios par tener algo d#blgtk08#e compañía.

• un bico

CR ____________________________________
LMA

Comentario por ñOCO le bOLO (09-03-2010 23:35)
8 #blgtk08#
Comentario por Ulloa (16-06-2010 12:53)
9 Estou prendido da profundidade que amostran istes versos,ainda que ó millor, a Autora non o pretendera.
Por #blgtk08#outra banda é de admirar o seu gran dominio da Lingoa Galega.
Agradame moito esta literatura.
Beixos
Comentario por Ulloa (16-06-2010 12:57)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.