A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIII - ETERNIDADE

Voume espida de memoria,
de xenreiras, agravios e pesares,
de amargores, sombras e agoiros,
de morriñas, queixumes e soidades.
Voume espida de olladas furtivas,
de carreiras, de camiños interminábeis,
de verdades a medias, de silencios,
de medias mentiras, de desaires.
Voume espida de egoísmos,
de quincallas pesadas e inservíbeis,
de xoias finas e de abraiantes abelorios,
de ricos vestidos, de inútiles colares.

E volverei un día, vestida de nubes,
ataviada coas perlas da bondade,
coas xemas da esperanza e coa luz
que cada amencer anega o aire.
Volverei, portando no meu peto
os cantos da terra, dos xenerosos mares,
unhas muxicas de dozura e de sorrisos,
e as sementes do agarimo e da liberdade.
Volverei cando o tempo sexa transparente
coas mans cheas de ledicia,
para que poidas ser comigo,
meu amor, no infinito,
por fin... eternidade.

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)
Comentarios (10) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 20-02-2010 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
10 Comentario(s)
1 Bueno, esa primeira parte do poema, moito me gustou: xa querería eu espirme de todas esas cousas que ti dís tan ben ditas!
tamén expresas moi ben as segundas, pe#blgtk08#ro a pesares de ser tan bonitas, ou tal vez porque o son, véxoas lonxanas e ideales, e a palabra eternidade non me gusta nada, recórdame que o único eterno e o NON SER.
Comentario por Zeltia (20-02-2010 13:44)
2 Zeltia, vas ver que aí discrepamos? Para min a Eternidade é precisamente o SER, desposuído de todos os convencionalismos que afogan ás veces a esencia única de c#blgtk08#adaquén. E moitas veces, ese SER só se acada NON SENDO.
Vale. Non me explico. E si, todo é un ideal lonxano.
Grazas por lerme e dicir o que pensas.
Comentario por A nena do paraugas (20-02-2010 14:35)
3 Penso que xa che comentei, Concha, que o da crítica literaria non é o meu, gostame, cando algún poema me chega incluso se me erizan os pelos, mais son incapaz de atoparlle o significado profundo, son #blgtk08#incapaz de chegar ao sentimento do poeta, cecais porque o meu, realmente son os números. Pero dos teus poemas só podo decir un par de cousas: gostanme e ademais sintome ben despois de lelos. Un saudo.
Comentario por A Cruz da Campá (20-02-2010 20:31)
4 Espirse, encoiro esperar a segunda parte, coma quen se pasea invencible. Desposuirse para volver a poseer. Miña ruliña, non sei se pol#blgtk08#a túa profesión,sensibilidade ou vida..a min provocasme sempre un acio de ternura. Eu creo que os teus poemas son perfectos. Biquiños
Comentario por Maribel-bel (20-02-2010 20:38)
5 Cruz, ás veces é difícil atopar o verdadeiro significado das palabras que outras persoas escriben, tal vez porque xorden de tan adentro que só meténdose nos miolos de quen as escribe, se poderían entender.
Mari#blgtk08#bel, todo inflúe. Cada experiencia e cada persoa deixan algo en nós cando pasan. Fun, son e síntome unha persoa moi afortunada, pois as persoas que pasaron e as que están ao meu carón só me deron e me dan cousas boas.
Comentario por A nena do paraugas (20-02-2010 23:06)
6 Efectivamente, eu tamén penso que o importante é deixarnos emocionar pola escritura...e se o autor ou autora o consegue, cumpliu o seu com#blgtk08#etido. Marabillosa composición.


Encantada de coñecerte, virtualmente a lo menos. Eu tamén voltarei. Moitos bicos!!
Comentario por hadexq (21-02-2010 10:23)
7 Pois eu, mentras musicalizaba mentalmente as tuas palabras espidas, quedei absorto nas p#blgtk08#ólas vestidas polo ar...
Que sempre miro para onde non debo?; éche o que hai! :-)
Comentario por Chousa da Alcandra (21-02-2010 21:03)
8 Ups! Iso adoita pasar moitas veces Chousa. O de quedarse absorto (ou absorta). É o que pasa ao viv#blgtk08#ir onde se poden ver a diario como as pólas se bambean, vestidas, desvestidas ou espidas polo ar.
Comentario por A nena do paraugas (21-02-2010 23:28)
9 Espirse... tan doado que parece e tan difícil qu#blgtk08#e é. Eu tamén penso que o eterno existe. Bicos.
Comentario por vakastolas (23-02-2010 21:50)
10 Eu co tempo lévome fatal, así que non sei se a eternidade me iría moi alá. Ben mirado, o tan vilipendiado "presente" ten bastante de eterno, digo eu. Pero ese #blgtk08#tempo transparente si que pode pagar a pena. Que o vexamos todos. E se é logo, moito millor. ;)
Parabéns a Xulio pola foto. É verdadeiramente deliciosa.
Comentario por setesoles (03-03-2010 12:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.