A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

MÉRCORES DE CINSA
Teño dous fillos varóns, grandes, bos mozos, emprendedores e firmes nas súas decisións, cheos de inquedanzas, pero coas ideas bastante claras. Dous soles aos que adoro, porque se deixan adorar. Que nai non adora ás súas crianzas? Que crianzas non se deixan adorar por súa nai (e por seu pai)?
Pero esta mañá de MÉRCORES DE CINSA, logo das enchentes do Entroido, cando a Cuaresma invita ao recollemento, ao silencio, a xexún e abstinencia de festas, cachucha de porco con grelos e caretas... á reflexión sobre a vida que levamos, alguén mandoume unha mensaxe que me fixo seguir coa festa, por dentro e por fóra, a seguir coa festa, sen disfraces: naceu unha nena, Sara.
Non sei se seu pai e súa nai me perdoarán que diga o seu nome, pero teño necesidade de facelo, pois esta rapaza, xunto con aqueloutra que naceu na miña familia fixo en setembro pasado dous anos, (Area, e que tamén me perdoen seu pai e súa nai por dicir o seu nome), compensan os malos ratos que se viven cando ao noso carón morren persoas polas que teriamos dado media vida porque seguisen vivas. Digo isto pensando en miña nai. E digo isto porque, logo da prematura morte de meu irmán, en decembro, e da de meu pai, hai nove anos, sentir que hai vida ao outro lado, compensa calquera perda.
Venme á memoria o artigo de Chousa da Alcandra, cando fai referencia ao adormecer das sementes do carballo. Merece a pena agardar, sen follas, sen máis acubillo ca o da xeada e das brétemas, o espertar da primavera.
Merece a pena agardar.
Sempre.

Concha L. F.
Comentarios (15) - Categoría: Eu son... - Publicado o 17-02-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 É importante atopar motivos para seguir camiñando a pesar dos tropezos do#blgtk08# camiño, e nada mellor que esas nenas para alegrar a vida.
Noraboa
Comentario por Xan (17-02-2010 15:33)
2

• Todo nacimiento es una alegria y es natural manifestarlo.
Ojalá sea siempre una fuente inagotable de felicidad para los que la rodean.
-
Me hubiera gus#blgtk08#tado conocer alguna 'lectura' sobre Fulgencio y si historia.

• Bicos

CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________

Comentario por Ñoco Le Bolo (17-02-2010 17:38)
3 Noticias así ,do nacemento dun novo membro da familia , merecen hasta olvidarse por un día da " vixilia " ... sin que se entere miña sogra que foi o pr#blgtk08#imeiro que lle recordou oxe a mañá a filla , cando a chamou por teléfono ... tempo teremos en toda a Cuaresma pra cumplir cas obligas .
Un bico
Comentario por Santi (17-02-2010 18:11)
4 Non hai millor noticia que a chegada de dúas pequenas ao m#blgtk08#undo.
Alédome polas familias e que veñan con ben !.
Comentario por paideleo (17-02-2010 22:33)
5 Ás veces tárdase en aprender, si. Pero sempre paga a pena ter esperanza. Sempre queda algo por vivir e sempre haberá algo que nos encha os ollos e o cora#blgtk08#zón diso que precisamos.
De maneira que se tarda só é cousa de saberse acomodar. ;))

(Isto quedou bonitiño, pero costar, costa...)
Comentario por Setesoles (18-02-2010 13:50)
6 Todo é perfecto! Só hai que buscar o xeito de que o sexa. A#blgtk08#índa que ás veces non se atopa, pero... aparecer, aparece!
Comentario por A nena do paraugas (18-02-2010 21:11)
7 Felicidades aos pais de Sara, un nacemento sempre é unha boa nova, o mires por onde o mires, s#blgtk08#empre fai olvidar as cousas malas da vida e sinteste a persoa mais feliz e realizada do mundo.
Comentario por A Cruz da Campá (18-02-2010 22:08)
8 Fermoso texto Concha e moi precisa reflexión. Cando nace un novo ser parece que se prolonga a nosa vida, e de feito así é. Nós seremos logo a conexión entre a vida dos que #blgtk08#xa non están e a dos que nacen, para que os que marcharon non desaparezan do noso corazón xamais.
Saúde e terra para eses dous novos gromos.
Apertas para ti.
Comentario por Eva G. Rei (19-02-2010 08:53)
9 Nada tapa o espazo que deixan os que se foron; pero a chegada lediña dos novos seres minimiza moitísimo o impacto daquelas perdas...
Por iso podemos volver a rir e arrincar o noso pensamento dos c#blgtk08#ementerios para volver a pensar nos gromos novos que a primavera fará abrir diante dos nosos fuciños.
(Gustoume a interpretación que che provocou a o meu post)

Bicos pre-primaverais
Comentario por Chousa da Alcandra (19-02-2010 18:00)
10 (¿non serán netas?)
porque sendo, c#blgtk08#laro, así calquera!!!!!

:-D
Comentario por Zeltia (20-02-2010 01:30)
11 ah, que me esquecía dicirche o que me sorprendeu que falaras da cuaresma.
quedan xa tan difuminados #blgtk08#os tempos lonxanos en que iso significaba algo...
agora paréceme algo anecdótico e algo surrealista.
Comentario por Zeltia (20-02-2010 01:32)
12 Zeltia, non son netas, pero coma se o fosen. É o que ten ter irmáns e curmáns quince anos máis novos ca unha.
Por outra parte, a cuaresma é algo anecdótico nestes tempos porque agora xa non se mira con lupa o cumprimento de certas normas da igrexa católica (bastante absurdas por outra par#blgtk08#te), pero que cando eu era nena si se cumprían. Non sei se é algo surrealista, pero é certo que quen practica unha relixión con todas as consecuencias, non ve a cuaresma coma unha anécdota ou coma algo absurdo. Digamos que neste aspecto, aínda que católica practicante, son bastante... escéptica.
Comentario por A nena do paraugas (20-02-2010 07:08)
13 co tema da relixión debería eu ter máis tino (tamén me pasa con algunhas ideas políticas), aquí aplícome o refrán ese de que "cree el ladrón que todos son de su condición" porque tanto para min, como para a xente que eu adoito a me relacionar "a cuaresma" é, simplemente algo "pintoresco" por chamarlle de algunha maneira, algo que está, pero non está, que existe pero noutra dimensión. E eu falo di#blgtk08#so sin darme conta de que podo ferir as crenzas profundas de persoas ás que non lle quero faltar o respecto. son unha bocazas.
tamén vivía eu na época de Franco, eh, e recordo a cuaresma, (na que había diferentes raseiros para medir a penitencia) e sobre todo a semana santa como unha imposición de dor, a cojones. e, claro, aquela época quédame tan lonxe... que é coma se fose noutra vida.
Comentario por Zeltia (20-02-2010 11:46)
14 Ás veces, co ímpeto de expresar o que sentimos, esquecemos que ao noso carón hai persoas que non senten o mesmo. Pero que ten a sensibilidade suficiente coma para percibir a verdade dos sentimentos que as demais persoas transmiten, non se ofende. Ou non debía facelo, pois quen é capaz de percibir liberdade de crenzas, relixións e políticas, debe ser quen #blgtk08#de respectala e, por elo, non ofenderse se a liberdade das demais persoas é diferente.
Eu xa case non me ofendo por nada. Cheguei á conclusión de que, para dous días que se viven, non merece a pena.
E non es bocazas. Só dis o que pensas e sintes, con respecto. Iso é o que conta. O demais son formalismos dogmáticos e... Deus me aparte deles!
Comentario por (20-02-2010 15:11)
15 Hoxe atopei este blog e pareceume descubrir detrás desta fiestra unha voz coñecida que axiña me trouxo arumes doutros tempos. A morriña apoderouse de min mentres pasaban amontoadas imaxes de vidas pasadas, de lugares que xa non están, aínda que sigan aí, lugares que xa non recoñezo (Ca#blgtk08#rballiño, Señorín, Partovia...)
Gústame o teu alcume, ou nick, "nena do paraugas", gústame o que escribes, gústame esta bitácora, e gústame esta entrada, aínda que deixou en min un pouso de tristura polos seres que quixeches e xa non tes, polos seres que quixen e xa non teño...
Comentario por (09-12-2010 02:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.