A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V - ESPERTA!


Buscareite voando sobre os mares,
na Terra que bica o Sol,
a Lúa, as Estrelas...
E no aire que reina vixiante
serei semente, pole fecundo,
que aniñe na rosa amarela,
para deixar de ser,
sendo de novo,
alento mudado na beleza.
Vereite en cada flor,
en cada paxaro,
na escuma do mar,
en cada gran de area.
Vereite nas árbores e nas rochas,
nas augas dos ríos,
nas silveiras.
Vereite nos olliños inocentes
que reflicten a ledicia cada día...

Vereite, si, na vida enteira...
E gozareite, ao fin, na Eternidade,
cando o abrente disipe a brétema
e seremos dúas almas nunha...
Gozareite, si... Agora, esperta!

Concha L. F.

Comentarios (4) - Categoría: Aros de fume-Faíscas - Publicado o 14-02-2010 06:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Como vexo que categorizaches o texto como "aros de fume - faíscas", entendo que que hai atisbos de ledicia entre o desexo de disipa#blgtk08#r a brétema. A ledicia é contaxiosa, así que...graciñas polo agasallo!

Bicos de Antas con xeada de entroido
Comentario por Chousa da Alcandra (14-02-2010 12:51)
2 As categorías correspóndense con... episodios ou estados de ánimo. No fondo, todo son "Aros de fume", coma os do cigarro, meu compañeiro mortífero, #blgtk08#pero inseparable.

Desde Refoxo... bicos de Entroido tamén para ti, con moita xeada. Pero quentiños. A leña de carballo fai milagres!
Comentario por (14-02-2010 16:49)
3 Acabo de descubrir esta páxina tan fermosa. De cando en vez e con tranquilidade adicar#blgtk08#eime a ler todos estas cousas que nela aparecen.
Noraboa e un bico moi grande.
Comentario por loli de Dacón (15-02-2010 16:42)
4 Pois malia o aire optimista do poema,
a mín déixame regusto trist#blgtk08#eiro...

(debe ser iso de dilatar o gozo ata a eternidade)
Comentario por Zeltia (18-02-2010 12:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.