A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XII - BRÉTEMAS


Asomades,
brétemas imprudentes,
ao van da miña fiestra,
deixando estendido o voso manto
de humidade sobre as sabas
do meu leito.

Ousada escuridade,
mal sabes ti que o abrente poderoso
cubrirá de ouro o espertar
dos meus soños
e que a túa semente de auga
saciará a miña sede de sorrisos!

Non loitedes, brétemas, por entrar
na miña alma!
Un exército de aloumiños agarda
prendido nas ás do vento
para liberarme da tristura
que traedes na vosa saia.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (8) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 11-02-2010 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
8 Comentario(s)
1 Hola Concha, gustame moito esta última entrada, non son un gran c#blgtk08#rítico literario, pero gostame ese aire de positivismo. Un saudo.
Comentario por A Cruz da Campa (11-02-2010 20:21)
2 Os teus poemas reflicten as emocións máis directas, profundas, melancólicas; penetran t#blgtk08#an profundo que as feridas espertan voraces dos seus soños inducidos.
Un saúdo
Comentario por Xan (12-02-2010 15:42)
3 Que ten a brétema que enche de frescor a terra cando a cubre cio seu manto? Que fermosura agachan o seu veo incerto? Qizais abrétema é o pano que cando se ergue descubre o escenario da vida? Quizais é o que nos fai valorar todo canto #blgtk08#é positivo e nos rodea porque nos fai pensar que quizais puidese desaparecer? Que ten a brétema que nos fai soñar? Encántame a miña casa perdida ás veces na súa espesura grisalla... Por certo, que a foto que cahegas é realmente boa!
Comentario por TQV (13-02-2010 11:32)
4 É unha foto das que fai meu irmán Xulio. El é así e retrata así o m#blgtk08#undo que o rodea.
http://www.flickr.com/photos/23760547@N04/
Comentario por A nena do paraugas (13-02-2010 20:34)
5 Pregúntome quen ostentará o grao de xeneral no exército de aloumiños...
(#blgtk08#Xa sei que son un preguntón, pero é o que ten querer aprender!)

Comentario por Chousa da Alcandra (13-02-2010 21:28)
6 Ai! Se o soubeses ti, igual eu tamén o sabía, pero é dabondo misterios#blgtk08#o e non se deixa ver! O caso é que sempre está aí!
Iso abonda.
Comentario por (14-02-2010 17:02)
7 qué ben cando se sinte esa seguridade,
saber que as brétemas non van enchoupar a alegr#blgtk08#ía.
e poder expresalo desa maneira... non digamos!
este poemiña gustoume ben!
Comentario por zeltia (18-02-2010 12:30)
8 Querida Concha: Cánto me gustaría poder dicir as cousas cama ti. Non teñas medo, a ti non chegará esa brétema. Por moito que #blgtk08#force, por moito que loite, non atoará esa alma túa...
Un biquiño, querida amiga.

Xosé M. Casar Gómez.
Comentario por Xosé Piteira (28-02-2010 02:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.