A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIII - ESTÁS...


Estás aí, perdido entre as follas secas
do carballo centenario,
agochado no silencio da xeada,
esluído na brétema que cobre o mar
profundo e eterno da túa alma.
Estás aí, buscando trala lousa
a chave que peche o abismo aberto
baixo os teus pés cansados,
e velas o meu soño
sacando forza da nada.
Estás aí, suspendido no aire,
trala fiestra dos meus ollos
escoitando o murmurio
dos meus soños,
observando como a miña vida pasa.
Por que te fuches, pai adorado,
deixándome orfa de sorrisos,
agarimos e palabras?
Marchaches, si,
pero estás aí, aquí...
entre as follas secas do carballo centenario,
no silencio da xeada,
na brétema que cobre o mar
profundo e eterno da túa alma.

Concha L. F.

Comentarios (9) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 07-02-2010 07:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Nin o dudes de que permanecerá, máis que nunca, en ti. Incluso no teu sorriso omitido ou expresado. March#blgtk08#an, si; pero nunca se nos van...

( http://chousadaalcandra.blogspot.com/2008/03/mam.html )
Comentario por Chousa da Alcandra (07-02-2010 14:36)
2 espero que o poema non reflexe a pena dunha perda recente!
porque ainda que o recordo e a ausencia definitiva dos pais, sempre a temos dentro,
a dor tan punzante do que é recent#blgtk08#e, vaise mitigando...
eu son orfa, hai xa moitos anos,
pero é raro que haxa un día en que miña nai non veña onda mín a través dun recordo.

o poema e moi fermoso.
Comentario por Zeltia (07-02-2010 18:56)
3 Non marchan nunca. Aparecen cando menos o agardamos agachados nalgún recuncho das nosas vivencias, nalgunha esquina dos noso#blgtk08#s soños... Pode pasar o tempo, claro que pode. Pero sempre seguen aí "entre as follas do carballo centenario". Claro que si.
Comentario por TQV (07-02-2010 19:31)
4 Hai quen di que a única eternidade posible é a lembranza.
Quen non chegou a ser esquecido, vive de moitas maneiras e p#blgtk08#robablemente é quen de sentir as raiolas do sol ao traveso da pel de quen o lembra.
Sen dúbida.

Bicos!
Comentario por Setesoles (07-02-2010 19:47)
5 Morre o corpo, pero a ialma sigue viva, segue viva en todos os que te coñec#blgtk08#en, en todos os que te queren e te aprezan, por eso nunca se morre de todo.
Comentario por A Cruz da Campa (07-02-2010 20:30)
6 "Meu pai morreo, e con él a miña alma. Chove, chove nas leiras e ámbalas desgarradas". Porque ni#blgtk08#nguén ten a chave da eternidade e porque o crecemento pasa por chorar bágoas de tristura. Aperta
Comentario por maribel-bel (08-02-2010 17:24)
7 Totalmente de acordo contigo: morre o corpo pero todo o demais, que non é pouco, segue estando aí. A lembranza é algo que nin a morte nos pode roubar.
Son preciosos e perfectos no que expresan para min os versos: " Por que te fuches, pai adorado,
deixándome orfa de sorrisos,
agarimos e palabras?
Marchaches, si,
pero estás aí, aquí...
Teño o seu recordo e o seu ser presente en cada momento, pero o#blgtk08# que máis boto en falta é que non estea para gozar dos netos e para aprenderlles toda a súa sabiduría. Aínda así, dalgún xeito eles coñéceno porque eu sempre lle falo de como era.
Non sei se che gustará esta canción de Amaral que, aínda que no fondo latexa a defensa da natureza, a min me pon a carne de galiña ao lembrar o meu pai e o moito que nos gustaba ir ao río...
"En el río": http://www.youtube.com/watch?v=3eBXcZOZMG0
Comentario por Eva G. Rei (09-02-2010 08:43)
8
• Agradezco tu visita y palabras. Estás en tu casa.
• Hermosas palabras para reflejar tan profundos sentimientos#blgtk08#r />
• Saludos

CristalRasgado & LaMiradaAusente
________________________________

Comentario por Ñoco Le Bolo (11-02-2010 10:31)
9 Creo que temos varias cousas en común... e varios traumas tamén. Apertas.

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/01/mido-os-desexos-tapan-realidade.html

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2008/05/mia-nai-de-cores.html

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/04/coma-se-dun-d#blgtk08#eus-se-tratase.html

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2008/12/o-solpr-non-se-ve-dende-cidade.html

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/09/quen-llo-dera-vivo.html

E este para quitar o amargor...

http://dendeaoutrabeira.blogspot.com/2009/02/jtvixia-o-ceo.html
Comentario por proida (04-03-2010 17:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.