A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ENSOÑO
Mesmo desexo que nos separen tódalas ideas, para poder guerrear, pero sabendo que imos achegarnos con forza nos pensamentos... Así cadramos co xogo do Universo: forzas centrífugas e centrípetas...E na colisión de ambas, escachar a nosa estrutura molecular, causante do noso egoísmo e soberbia, para dar paso a unha nova esencia na paz...

A vida é soño, pero o ensoño vital que anima e transforma en prodixio de fermosa ledicia cada momento da nosa vida é o Amor. Vista, oído, olfato, gusto ou tacto serían inoperantes sensazóns... frío preludio de canto esmorece cara a morte intrascendente, se tales sentidos non fosen avivados polo espíritu do AMOR, verbo infinito que move e dá sentido ao Universo.


Concha L. F.
Comentarios (6) - Categoría: Eu son... - Publicado o 01-02-2010 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Xa o dixo Calderón, si; pero ti engádeslle Amor con maiúscula (que xa é engadir de carallo!). Pregúntome se coses o amor co soño ou o soño co amor. É un #blgtk08#soño o amor?. Somos, cecais, máis proclives a ensoñacións cando o amor preside a nosa vida?.
Non son bo teórico; pero penso que algo deso haiche.
Comentario por Chousa da Alcandra (01-02-2010 20:22)
2 así poéticamente falando, dará o amor sentido o universo.
pero en verdade non o sinto eu así.

o amor, entendido como ese sentimento que nos leva a buscar ós outros, para completarnos neles, que nos da enerxía, que nos proporciona seguridade, ou paz e moitas ou#blgtk08#tras sensacións sin as cales estar vivo significaría moitísimo menos, sí que me parece dunha importancia vital.

pero e tan grande o universo e somos os humanos tan pouca cousa nel... que atribuir esa forza do amor ó universo enteiro, resulta antropocéntrico de máis.
Comentario por Zeltia (01-02-2010 20:24)
3 Chousa, con ensoñación ou sen ela e veña de onde veña, vaia cara onde vaia, se o AMOR, aínda que sexa polas criaturas máis insignificantes, non preside as nosas vidas, as nosas vidas son ben pouco.
Vale, perdín a retranca... por un momento. Meu pai non me vai perdoar, desde o outro mundo, tal desliz! Meu irmán tampouco!

Zeltia, antropocéntrico, si, supoño que si, de máis. Ao fin e ao remate, por moito que queiramos evitalo, miramos ao noso embigo. Pero se no fondo de todo o que facemos non somos capaces de verno#blgtk08#s coma portadoras e portadores de AMOR, o que nos queda é, simplemente, unha conversa coma a de Espe. E creme, penso que non estamos aquí para transmitir esas cousas... Non falo do amor real, que se pode tocar a diario e que dá seguridade... Ou si, porque se non o tivesemos, legal ou ilegal, igual non pensariamos o mesmo... Chámame inxenua, pero son... Pequena? Si, supoño que si.

Vale, xa me perdín de todo! Perdón...

Grazas polos apuntamentos. Enriquecen o meu pensamento e agudizan o meu inxenio.
Comentario por A nena do paraugas (01-02-2010 21:01)
4 O amor é a patria do corazón. A un#blgtk08#ica razón que motiva a existencia.
Comentario por Xan (01-02-2010 21:45)
5 O realmente importante en discrepar é facelo para o reencontro e o crecemento. O amor énchenos porque no#blgtk08#s deixa reinventalo con cada situación.Gustei, porque me fas pensar un anaquiño...e iso é moi bo. Bicos
Comentario por Maribel-bel (01-02-2010 23:20)
6 Mesmo se van cincocentos millóns de cancións a engodrealo polo chán e os poderes locais, municipais, autocómicos, económicos e celestiáis leven a santa palabra (esta si o é) feita unha peniña, tés razón.<#blgtk08#br /> Pero iso sí: tampouco convén amar a calquera Albertiño-de-la-vida. Poño por caso, xa me entendes.
Hei voltar. Puro egoismo. ;))

Saúdos (amorosos, por qué non)

Comentario por Setesoles (03-02-2010 00:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.