A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IX - SEDE

Aquel fala e sorrí,
coa man na orella.
Aquela acende un cigarro,
volvendo a mirada.
Berra un neno,
a nai repréndeo.
Unha muller de aspecto estraño
carrexa o peso das viandas...
Ando as rúas en silencio
ollando a xente que pasa...
O enxordecedor son dos coches
e os seus lacerantes faros feren na pel,
envolvendo nunha brétema espesa
o meu corpo inconsciente.
Todo flota ao meu carón...
Ando errante nun mundo sen horizonte.

Neste deserto de asfalto
busco unha gota de chuvia
que sacie a miña sede de infinito.
Quero librarme das cadeas que me atan,
pero é de noite, coma sempre...
Noite pecha, escura,
preñada de presaxios innomeábeis.

Noite eterna, fría, silenciosa,
chea de pantasmas asexantes...
Buscaba...
unha gota de chuvia
neste deserto de asfalto
que saciase a miña sede de infinito...

Concha L. F.
Foto: Xulio López.
http://www.flickr.com/photos/23760547@N04/


Comentarios (5) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 30-01-2010 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Ola meniña do paraugas, gracias polos teus parabéns. Aínda non lin todo o que aparece no teu blog, pero nos te#blgtk08#us poemas vai moito corazón e tamén algo que aprecio, unha xusta medida da narración da vida.

Comentario por namari (30-01-2010 15:52)
2 Qué ben o contaches, Concha. Ainda non viñera por aquí hata fai unhos días e gu#blgtk08#stoume moito. Teño moito que ler neste recuncho, e moito que disfrutar.
Comentario por Xosé Piteira (31-01-2010 06:50)
3 agora que xa sei que a serie brétemas
ven de atrás,
leo o poema sen que se me poña un no no peito, joder.
:-)
#blgtk08#
gustoume moito este poema, sobre todo porque me vexo reflectida nel,
en (demasiados) momentos da miña vida.

Comentario por Zeltia (31-01-2010 15:28)
4 Eu, que son neno de aldea, tamén me sinto en exceso bombardeado no deserto de asfalto e lucería. Non son quén de aturar moito tempo mergullado nesa selva de imaxes que sobreestimulan#blgtk08# os meus sentidos para non aportarme ledicia algunha. Neses casos, tamén quero unha pingueira de auga que me devolva á realidade.
Antonte e hoxe tamén.

Un bico
Comentario por Chousa da Alcandra (31-01-2010 21:28)
5 leo sen mirar máis da serie que veño de descubrir, non por falta de ganas, senón de tempo.

Perefecta a foto que contribúes á transmisión deste ambiente seco, desacougante, arrepiante... que nos fai chegar ao final coa necesid#blgtk08#ade dun grolo de auga que levar aos labios, coa necesidade de tapar os oidos para non escoitar os sons punzantes desta noite, apenas visíbel envolveita na néboa.

Os 5 (ou 6) sentdos fican vapuleados, conmovidos, estoirados...
Comentario por xenevra (01-02-2010 12:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.