A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X - SUICIDIO


Miles de trades de finas e longas brocas
perforan o meu cranio,
desde a conca dos ollos ata o pescozo,
deixando un baleiro de sentimentos,
unha enchente de dor.
Atenázame un nó a gorxa,
lexións de vermes liban os zumes
do meu estómago e as sambesugas
percorren dun lado a outro as miñas veas,
famentas de sangue e de vida.
Pésanme os xeonllos,
os meus pes andan un camiño errático,
cheo de pedras nas que tropeza
o meu entendemento.
As miñas mans a penas reteñen
os poucos soños que me quedan.
Todo está cuberto de nubes grises
que ameazan treboada.
Hoxe espertei do meu sono
e a porta da gaiola segue pechada.
Os barrotes non me deixan ver
o resplandor do abrente
e o ceo proxecta sobre min
sombras de silencio e de ausencia.

É un bo día para subir nas ás da velocidade,
sen pensar en onte,
en mañá,
en agora.
É un bo día para anegarse en alcohol, en alcatrán...
É un bo día para atar ao pescozo
a soga da realidade e bambearse no infinito.
É un bo día para montar no lombo da morte
e iniciar o camiño,
sen retorno...

Concha L. F.
Comentarios (7) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 28-01-2010 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Nin de coña!. Por ben tecido que esté este traxe; non cho deixo poñer. De feito, ti ben sabes que non che#blgtk08# aquece nadiña; á que non?

Bicos de (e con) lingua. (Deixa os trades para os carpinteiros)
Comentario por Chousa da Alcandra (28-01-2010 23:30)
2 Espero que veña e pase pronto, que bebas e que non conduzcas a espera do a#blgtk08#mancer, que pase e volte a mañá,o serán e a noite con estrelas. Biquiños
Comentario por maribel-bel (29-01-2010 15:34)
3 miña nena, o trépano ése arrepía un pouco!
anda que se hai baleiro de sentimentos non pode estar ese espazo cheo de dor.
a dor é tamén un sentimento.
¿non lembras aquel poema de rosalía?

[Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa si era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Sóio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madanela na Pasión.
«Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
daime val#blgtk08#or para arrincar dun golpe
cravo de tal condición».
E doumo Dios, e arrinquéimo;
mais... ¿quén pensara...? Despóis
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu...]

esa dor, eses nos, sonche unha proba do viva que estás,
e tempo para montar no lombo da morte...
sempre haberá.

ás veces temos que graduar os anteollos,
de xeito que enfoquen imaxes máis lúdicas,
e non desesperar.

(unha aperta de irmán neste camiño do oculista
Comentario por (29-01-2010 16:59)
4 uff, a do comentario anterior son eu,
q#blgtk08#ue esqueceume poñer o nome

:-/
Comentario por Zeltia (29-01-2010 17:00)
5 Grazas.

Para a vosa tranquilidade direivos que a teima das letras que vindes de ler é de xaneiro de 2008. Coma case todas as da serie "Brétemas". Estamos en 2010. Aínda ando por aquí e... Ben. Co#blgtk08#mo que son bastante máis vitalista do ás veces reflicto. Só que ás veces, as palabras saen soas, sen pedir moito permiso...

Rosalía.. MESTRA. Simplemente.

Un bico.

Comentario por A nena do paraugas (29-01-2010 18:58)
6 Despois de ter aclaradas as datas ... E un bo día para atar o pescozo #blgtk08#a gravata da realidade e bambearse de ledicia ...

Bicos
Comentario por Santi (29-01-2010 19:42)
7 Hoxe como onte e mañá, pode ser un gran día para porlles ás, aos soños propios, coa sabedoría de que nada é inamovible, n#blgtk08#in eternamente perfecto, e que a vida é só ese instante, en que percibes as emocións que che moven.
Fermoso poema.
Comentario por Xan (30-01-2010 11:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.