A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VIII - CANSAZO

Necesito dimitir, aquí e agora,
do frío do inverno,
da luz da primavera,
da calor de agosto,
do amarelo de outono,
da auga que alimenta o meu sangue,
do pan de cada día,
do aire que respiro,
das árbores e das bolboretas
que de flor en flor alimentan
as cores dos xardíns,
abandonados pola desidia
das mans cansadas de agardar solaz
que diminúa o seu cansazo.

Necesito dimitir das xentes que me adoran,
das que me odian...
e das que ven
horizontes de esperanza
no verde que cobre as campías
da miña inacabábel forza,
da miña infinita debilidade,
do meu sorriso limpo e xeneroso,
das miñas verdades a medias,
das miñas mentiras piadosas,
das miñas palabras.

Necesito dimitir do silencio e da soidade...
e encherme de silencio e soidade,
eu soa,
escoitando o son que outras voces,
con máis sabedoría ca min,
saben escribir nun pentagrama.

Necesito dimitir de min,
refuxiarme no escuro camiño do tempo
que me vai marcando
os segundos que me quedan
para ser, sen ser,
outro futuro,
outra primavera,
outra senda.

Pero...
percibo que o tempo mesmo
chama á miña porta
e téñoa que abrir
ao frío, á luz,
á calor, ao amarelo,
á auga, ao pan,
ao aire, ás árbores,
ás bolboretas, ás xentes...

Preciso só un respiro,
por favor,
preciso só un segundo...

Preciso dimitir, aquí e agora,
de todo,
só un instante...
Para volver ser sorriso,
bágoa, forza, debilidade,
silencio, mentira,
verdade e... palabra.

Concha L. F.
(Foto: Xulio López)

Comentarios (6) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 26-01-2010 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 O certo é que aínda sigo coa aberta e non teño palabras. O único que digo, aínda sen saber porqué, é "non dimitas; que sería de min sen estes versos?"

#blgtk08# Mais non son palabras que diga en voz alta, pois quero seguir saboreando as túas. En silencio. Pero non sería xusto pasar e non deixar a pegada do alento conmovido.
Comentario por xenevra (26-01-2010 22:08)
2 Deixo que dimitas mentras durmes.
Mentras durmo eu xa non; que gusto pensar que teces novas palabras no telar do teu inxenio para que, no despertar, poida almorzar con elas. Misturadas no leite con nesquik.
#blgtk08#r /> (A xente con valía para facer sucos dereitos nesta terra, non pode dimitir Nena. Alguén ten que seguir coa man na rabela do arado para que a semente caia onde ten que caer...)

Un bico (ou dous)
Comentario por Chousa da Alcandra (26-01-2010 23:42)
3 Coido que non che van a admitir a dimisión ... qué será entón deses momentos que nos brindas cargados de sentimentos ? qué será diste r#blgtk08#incón donde os recordos da infancia voltan a darnos un soplo de aire fresco ?
Cho perdono si só e un instante .
Un bico
Comentario por (27-01-2010 13:47)
4 No seu momento, admitíronma, pero só unha vez. Supoño. Aínda que de vez en cando, faise necesario dimitir de todo, ou a propia vida acaba por devorarnos.

Por certo, non sei de quen é o último comentario. Non ten demasiada importancia, posto que para alimentar o ego e non volver presentar a dimisión, é suficiente con comentarios tan agarimosos coma os aparecen por aquí.

Xenevra, o que me conmove é ser quen de sacar dunha persoa, aínda que só sexa, un alento conmovido.

Chousa, #blgtk08#ata durmindo ás veces me saen palabras. Supoño que quen me escoita falar en soños estará algo abraiado polo que escoita. Mágoa que desas, non teña capacidade para aporrear teclas! O de almorzar leite con nesquik lémbrame as liortas matinais das miñas crianzas (24 e 22 anos na actualidade): "Por que traes nesquik e non cola-cao?" "Porque sempre traes cola-cao e nunca nesquik?" En fin, que o tempo pasa... e nin os chocolateados teñen importancia. Agora café de Colombia. "Zí zeñó!"

Grazas a todas e a todos.
Comentario por A nena do paraugas (27-01-2010 14:23)
5 Perdoa , nin quixen esconderme , nin quero ahora ganar#blgtk08# os parabens ... foi un despiste meu .
Un bico
Comentario por Santi (27-01-2010 19:28)
6 eu coma sempre chego tarde e o meu ritmo...moitas veces as tuas #blgtk08#verbas son como se fosen miñas...estas viñeron como anel o dedo.
Comentario por bolboreta (18-09-2010 17:30)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.