A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

REFLEXIÓN
Non sei. Tal vez estea errada, porque o que levo lido ata agora sobre as bases do Decreto de Galego vai acabar por confundirme. E non porque teña algunha dúbida sobre a necesidade de que a lingua galega sexa, por enriba de outras, a de todos os galegos e galegas, senón porque me sona que, tanto dun lado coma doutro, todo o mundo tenta sacar tallada política do conto e iso é algo que me decepciona.

Quizais o documento que mellor recolla as verdadeiras consecuencias do desenvolvemento dun decreto redactado sobre as bases que ven de publicar a actual Administración Autonómica sexa o da Real Academia da Lingua Galega, posto que toca todos os puntos vulnerables, respecto da difusión e conservación dun ben tan prezado, como é a lingua dun país. E digo isto de PAÍS sen ánimo de ofender a ninguén, porque cadaquén considera PATRIA aquel territorio ao que ama, o terreo no que naceu e do que mamou. Pero fáiseme que, alguén, nalgures, descoñece que para a poboación galega, Galiza é a Patria, ademais de selo España.

Non hai moito tempo fixen un curso de formación sobre coeducación e unha das máximas máis potenciadas pola persoa que me tocou coma titora foi que "NON RECOÑECEMOS AQUILO DO QUE NON FALAMOS, AQUILO QUE NON VERBALIZAMOS".
Se aplicamos esta máxima a unha lingua e as administracións non artellan os medios para que unha lingua sexa recoñecida, verbalizada e falada, aínda que só sexa de maneira oficial, QUE LLE QUEDA A ESA LINGUA? Supoño que co paso do tempo, desaparecer e negar a súa existencia.
Tamén se me ven á cabeza un libro que lin o curso pasado: "El acoso moral" de Hirigoyen. Nese libro fálase, entre outras cousas, de que as vítimas do acoso só son conscientes do feito, se son capaces de falar del e de verbalizalo.
Se aplicamos isto á lingua, como podemos identificar unha lingua se non a falamos, ou se ninguén pon os medios para que sexa ensinada e falada?
Tamén se me ven a cabeza unha película de Tassos Boulmetis, "Un toque de canela", na que se fala da desubicación dun xove turco, criado en Grecia e que ao final non sabe exactamente onde ubicarse, posto que se sinte rexeitado en Grecia por ser descendente de Turquía e en Turquía por terse criado en Grecia. A desubicación da nosa xuventude emigrante, por falta de recursos en Galiza, se non leva as raíces do idioma GALEGO e da cultura que a lingua transmite, QUE NEXO LLE QUEDA COA SÚA ESENCIA?

As bases que redactou a actual Administración Educativa reparten os tempos de docencia das linguas (dúas oficiais e unha extranxeira) a partes iguais. Isto non sería un agravio se, na actualidade, a LINGUA GALEGA tivese en Galiza e para toda a súa poboación a mesma consideración que calquera outra. Pero eu traballo no ensino público rural e, curiosamente, a consideración que se ten do GALEGO é semellante á que se tiña cando eu era estudante de BUP: lingua que só se falaba na aldea e que só podían falar as persoas maiores. Para as cousas importantes e para a xente nova, "Castellano, por favor". É isto equiparación, 50% ou semellantes? Tal como se desprende dese 33%, preténdese que o idioma galego volva ser ou siga sendo unha lingua de persoas adultas e da aldea galega, case despoboada na actualidade, por outra parte.

Me permitan as persoas que pasean polo meu blog, lonxe de calquera ideoloxía ou afiliación política, que a situación do idioma galego na actualidade é máis ben precaria e que as nosas crianzas, antes que saber cales son as regras gramaticais, ortográficas e expresivas dos idiomas de Cervantes e Shaskpeare, debían coñecer as da terra que lle deu vida e lle dá sustento: GALIZA. Non por nada, senón porque, quen non identifica a súa terra, a súa lingua e a súa cultura, acaba por ter cidadanía de ningunha parte. E, se ao cabo, o mundo da globalización lle dá a espalda e ten que regresar, QUE LLE QUEDA? NADA, porque se ninguén o remedia, non lle queda nin a terra. E aínda que lle quede a terra, QUE É UNHA TERRA SEN LINGUA?

Ata en Galiza hai diferentes maneiras de falar Galego.

Concha L. F.
Comentarios (4) - Categoría: Eu son... - Publicado o 20-01-2010 16:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Eu penso que non estás nada errada no que dis. Concordo contigo tanto no que dis...#blgtk08#que xa logo da noxo!!!
(O informe da RAG...chapeu!)

Un bico
Comentario por Chousa da Alcandra (21-01-2010 14:24)
2 Ben. O que teñen estes medios modernos é que ás veces dalle por xuntar persoas que, sen coñecerse, coñécense e, aínda discrepando, at#blgtk08#a coinciden. Polo que dis, non é o caso...

Compostela hoxe, unha marea de GALEGO VIVO. A ver se alguén quere escoitar.
Comentario por A nena do paraugas (21-01-2010 18:32)
3 Coido que a Educación e algo moi serio e que por tanto non debería estar na man dos políticos , sexan dos colores que sexan . Por desgracia voltamos a aqueles tempos en qu#blgtk08#e a lengua deixaba claro quen eran os da boina e quen os señoritos ... no me gustan os pasos a tras e menos cando afectan a un dos valores da nosa terra .
Un bico
Comentario por Santi (23-01-2010 14:50)
4 "Do que non se fala, non existe" que dicían no filme aquel A vida que che espera>/i> (esta foi a tradución que se fixo, non é cousa miña ;)) E é certo; por iso o xoves falamos alto e forte en Compostela, porque si existimos, estamos e somos.

Tras moitos anos de silencio, recuperamos os lemas do romanticismo "liberdade, igualdade e fratermidade", pero facendo deles unha mera burla do que realmente son.
- Como escoller en liberdade se só coñecemos unha opción? Que podemos escoller?
- Como acadar unha igualdade se non é dando un trato desigual ao que é desigual? (Darnos a todos o mesmo, o 33%, non fai máis que prolongar esas d#blgtk08#esigualdades)
- Como falar de fratarnidade escollendo armas para o fratricidio? Dúas linguas que coexisten nun mesmo espazo ao mesmo tempo deben superar os seus conflitos igualando espazos (dereitos e deberes) e non practicando o canivalismo (glotofaxia).

Teño moitos veciños e veciñas que cada día se desculpan porque "yo no te hablo nada bien el gallego y no te lo quiero estropear hablándolo mal". Nunca oín a un sevillano desculparse por semellante tontería ou a un madrileño deixar de falar o castelán por respeto e para non deturpalo. As linguas non son obxectos decorativos das vidreiras.

(sinto terme enleado, glups)
Comentario por xenevra (26-01-2010 22:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.