A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III - RAÍCES

Terra de soños,
queda e silenciosa,
na que repousa aínda a infancia,
baixo un manto de xeada e neve
que estendeu o frío inverno..
Campía na que a nena do paraugas
desenredaba e tecía
feixes de fíos de prata.

Terra de soños,
queda e silenciosa,
na que corrían agocharse as crianzas
entre a herba seca das palleiras,
entre océanos de millo...
Mentres unha man nun corazón ferido
vixiaba trala fiestra entornada.

Terra de soños,
queda e silenciosa,
pendurada na montaña.

Terra escura, húmida e fértil,
que pariu con dor almas errantes,
silencios, retornos, abandonos,
raíces, bágoas e esperanzas.
Miña Terra, queda e silenciosa,
volverei a ti,
á túa cinsa,
e serei o estrume que alimente
novos soños, novas vidas...
Volverei a ti
e ti serás
testemuña da miña andaina.

Concha L. F.
Comentarios (3) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 18-01-2010 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Por máis que dis que voltarás a ela, eu percibo que a nena do paraugas nunca marchou desa súa terra de soños, de herba seca nas palleiras e de oc#blgtk08#éanos de millo.
O que non sei é o motivo polo cal sinto que hai certa dor nesta composición...
Poda que sexa unha licenza poética.
Comentario por Chousa da Alcandra (19-01-2010 19:57)
2 A dor de ver como, non eu, senón a xente da miña xeneración, foi marchando e hoxe a maioría das casas están baleiras...
Ou por aquela infancia perdida, de xogos en familia, de avós e avoas contando contos e perseguindo morcegos ás noitiña#blgtk08#s...
Ou por as persoas que facían parte dalquel mundo cheo de traballos e necesidade, pero tamén de ledicia...
Que sei eu? Eu vou e veño case a diario ao meu Refuxio, pero realmente non vivo alí... Licenza poética, en certo modo...
Comentario por A nena do paraugas (20-01-2010 06:56)
3 Fica a terra silenciosa porque queda soa. Vai marchando a xente deixando alí a sua infancia, os seús recordos pero sempre no pensamento #blgtk08#esa idea de voltar.
Parece que esta terra nosa so pariu, como ti ben dis, almas errantes...
Grazas por este poema Concha.
Comentario por FERNANDO SANCHO (18-11-2010 17:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.