A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TAMÉN...

...Creamos os sorrisos, os ideais de beleza, a beleza en si mesma. Tamén vivimos por e para unha causa, aínda que esta sexa insignificante e se circunscriba ao noso diminuto mundo. Tamén damos paz a quen a precisa e recibimos paz de quen nola da xenerosamente, sen pedirnos a cambio nada máis que o que somos.
Hai anos que deixei de crer nos Reis Magos, en Santa, no Apalpador e en todos eses seres milagreiros (curiosamente todos homes) a quen pedimos o que desexamos, moitas veces sen pensar demasiado en se o que demandamos nos convén, nos é necesario ou se, pola contra, só responde ao humano desexo de posuír aquilo que outras persoas teñen e das que nós carecemos.
Agora, xa fóra do Nadal, das súas luces de cores e dos reclamos consumistas, lonxe dos desexos, ás veces postizos, de paz, felicidade e bonanza, resulta que a realidade acaba de darnos unha labazada gloriosa: Haití. Quédame lonxe... e dicía a miña avoa que, ollos que non ven, corazón que non padece, pero desde a comodidade da miña gaiola penso que eses poderosos seres milagreiros anteditos, ben podían facer un esforciño para que as iras de Natura fosen de vez en cando para outra parte, onde a recuperación da desgraza sexa máis doada de levar a cabo. Porque, tamén dicía a miña avoa que as penas con pan, son menos penas.
Debe ser que os tales seres andan demasiado ocupados en agasallar con dádivas a quen ten poder para mercalas e non lles queda tempo para levar, aínda que só sexa PAZ (que é moito) a persoas que, por avatares da historia dos descubrimentos de novos mundos, lles levan dado ata no carné de indentidade.

Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (2) - Categoría: Eu son... - Publicado o 16-01-2010 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Coido que foi García Márquez quen dixo que (e desculpa o sesgo escatolóxic#blgtk08#o) "se a merda valese cartos, os pobres nacerían sen cu".

Comentario por Chousa da Alcandra (16-01-2010 21:27)
2 A merda sempre enmerda, sabes? Por iso escollín a imaxe deste branco, case inmaculado, roto por unha feble herba, para acompañar o meu pensamento. Estou moi cansa de luces de cores. Igual son algo maior para andar con adornos. Aínda así, sendo nena com#blgtk08#o son ao mesmo tempo, sigo crendo que hai alguén nalgures que, algún día me ha de traer os regalos que máis desexo: PAZ, LIBERDADE e XENEROSIDADE. E HUMILDADE. Nos tempos que corren, cómpre moita. Moitísima.

Grazas por pasarte por aquí.
Comentario por A nena do paraugas (17-01-2010 22:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.