A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SON…

Son apenas
salouco do verán,
raiola que,
ás veces,
fende muros de lembranza.

Son apenas
setembro que escurece,
orballo e morno sol
pousado nos camiños,
durmindo na esperanza.

Son apenas
silencio que loita
contra a tarde que esmorece,
cantando mil cantigas
sin pentagrama.

Son apenas
gran de area perdido
no areal inmenso
onde adormece o sorriso
dunha bágoa salgada.

Son apenas
palabra esquecida,
tempo e soño,
soño e Terra,
Terra e sons perdidos,
eterna alborada.

Son apenas
raíz forte de recio carballo,
folla de castiñeiro,
silveira con espiñas
que abanea nas fragas.

Son apenas eu,
pobre de min,
Terra doutras terras
esquecida
por ventos que brúan
desde afastadas montañas.

Son lingua,
pasado e presente,
presente e futuro.
Son a esencia
desta Terra…

Apenas nada!


Haberá mañá? (1983)
Concha L. F.

Foto: Xulio López
Comentarios (2) - Categoría: Varios - Publicado o 15-01-2010 20:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Se temos pasado e presente é cousa nosa ter futuro. Ou non?
(Un día falabas de herdanzas; seica ti non queres deixar nada aos herdeir2s ou qué?.
Son, N. do P., as persoas coma ti as que configuran o #blgtk08#futuro. Por ter lembranza do pasado e por construir o presente. E non fagas caso de estadísticas, que che son coma os bikinis (amosan moito, pero o máis importante...tápano!!!)

Bicos dende o paraíso
Comentario por Chousa da Alcandra (15-01-2010 22:57)
2 O caso é que, lembro o pasado, tento construír o presente, pero ás veces o futuro pinta tan mal! S#blgtk08#obre todo o da lingua, se alguén non o remedia... Procurarei por o meu gran de area e... Maloserá!
Comentario por A nena do paraugas (16-01-2010 17:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.