A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TEMPO, SEN MÁIS...
Facendo a miña ronda dos luns, no patio de recreo do colexio, un compañeiro comentoume o atarefado que andaba na súa vida diaria. Faloume das súas múltiples ocupacións cando sae da escola e quedei bastante sorprendida, xa que non dou imaxinado cómo se pode ter tempo para tantas cousas.
Pero logo, quedei a reflexionar sobre o que somos capaces de facer cando temos interese, cando a propia vida nos demanda que nos movamos, cando non queremos ser arrastrados e arrastradas pola desidia e o aburrimento...
Cando era pequena, vía tamén con asombro que miña nai traballaba arreo na panadería, muxía a vaca, ía por herba fresca, facía a sementeira das patacas e do millo, ía regar a horta... e desenredaba con paciencia o meu cabelo, para logo recollelo en trenzas imposíbeis, antes de mandarme á escola.
Sabedes? Sempre vivín rodeada de persoas que non tiñan nin un segundo para pensar en si mesmas, non obstante, cando alguén aparecía pola porta para contarlle algún problema, escoitaban pacientemente e dedicaban unhas palabras de alento, rebuscaban no fondo da artesa o anaco de pan e de queixo para ofrecer e, con ese xesto, daban o tempo que non tiñan, tempo que lle era devolto, multiplicado por mil.
Quizais a virtude menos extendida nestes tempos de présas e competicións sexa a xenerosidade, en parte porque non sabemos ser persoas xenerosas co noso tempo, que o tempo que se perde contemplando a beleza dunha roseira non é tempo perdido...
E esquecemos que, dunha ou doutra forma, o propio tempo acabará por colocarnos no lugar que nos corresponde.

Concha L. F.
Comentarios (7) - Categoría: Eu son... - Publicado o 14-01-2010 19:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 Deches no cravo coma o mellor dos martelos. Parece mentira que na "avanzadísima" sociedade do automatismo, precisamente, sempre andemos faltos de tempo#blgtk08#!!
Que bós administradores do tempo eran os nosos pais, carallo. E por riba non tiñan estrés...

Un bico con tempo dende a Chousa
Comentario por Chousa da Alcandra (15-01-2010 17:09)
2 Sempre procurei aprender daquelas persoas que me parecía que perdían o tempo en conversas... inútiles. Teño moito tempo, pero emprégoo... para o que non debo, seguro. Pero, coma a miña avoa e a miña nai, no fondo non o dou p#blgtk08#or perdido. Meu avó e meu pai tamén perdían moito tempo... falando e observando. Podo dicir que estiven roeada de boas persoas docentes na disciplina do diálogo...

Grazas polo teu comentario e pola túa visita.
Comentario por A nena do paraugas (15-01-2010 18:44)
3 Por certo, esa Chousa #blgtk08#debe ser o Paraíso...
Comentario por A nena do paraugas (15-01-2010 18:54)
4 Nin o dudes, N. do P.,#blgtk08# é

;-)
Comentario por Chousa da Alcandra (15-01-2010 22:54)
5 O meu Refoxo tamén é un paraíso. Mágoa que haxa xente que non entend#blgtk08#e que Galiza é, toda ela, un PARAÍSO. Lingua incluída, por suposto.
Comentario por A nena do paraugas (16-01-2010 17:54)
6 Que razón tes, nena. Adoecemos de tempo para o principal, para adicarllo aos nosos ou para dedicárnolo a nós mesmos...
Co ben que senta "perder" tempo mirando como os cativos xogan ou durmen, como se comporta a xente na rúa, ou mesmo, como quedamos durmidos no sofá un venres á noite, c#blgtk08#o cansazo acumulado da semana, cando o que realmente queriamos era ver un filme...
Aprendamos a regalar tempo, e nestes tempos de tolemia e negación da nosa cultura, convenzamos tamén aos galegos e galegas de que "perdan tempo" falando a nosa lingua. E para todos e todas, "CARPE DIEM".
Comentario por Eva G. Rei (19-01-2010 23:46)
7 Botando un ollo o teu espazo pareime nesta entrada, non e porque as demais careza de beleza pero esta e das que fan a un recapacitar e repasar que e o que fai co "seu tempo", por moitas ou poucas cousas que fagamos vivimos nunha sociedade na que parece que sempre nos falta tempo, todo o queremos facer depresa, sen saborea#blgtk08#r o intre... xa se volve un feo costume...

Acordome moito da novela "MOMO" de Michel Ende, con aqueles "Homes grises" avidos negociantes do tempo. Unha fermosa novela que ma recordaches con esta entrañable entrada.

Tu tamen tes un lugar digno de compartir.

Unha forte aperta :)
Comentario por Merce (01-03-2010 22:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.