A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

X - POR QUE?

Mamá, por que chora o ceo
cando as nubes debuxan mil figuras,
guiadas pola man do vento?
Mamá, por que canta e ri o regato
cando rouba a frescura da herba
e das areas ao seu paso?
Mamá, por que fire o sol a terra no agosto
e a deixa deserta de descanso?
Mamá, por que se axitan as follas
namoradas da airexa do solpor?

Mamá, por que sabe a sal o teu sorriso
e os teus ollos se perden no van da fiestra?

Mamá, enchiches os meus soños
cos teus soños
e agora que te miro,
perdida en mil preguntas sen resposta,
sinto que o meu tempo foxe co teu tempo
e non teño soños que enchan os teus soños,
nin podo darche axóuxeres e estrelas.







Déixame tan só a fortaleza do caxato
no que apoias tantos anos de renuncia,
o froito dos sucos labrados na terra do teu rostro,
o sereno ocaso da túa xuventude vigorosa,
preñada de alento e de dozura...

Non preciso máis herdanza.

Concha L. F.
Foto: Xulio López
Comentarios (4) - Categoría: Aros de fume-Tatuaxes - Publicado o 14-01-2010 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Eu diría que con esa herda#blgtk08#nza...foches a mellorada!
Comentario por Chousa da Alcandra (15-01-2010 17:05)
2 Son a mellorada, sen lugar a dúbidas. Aínda vive e... non sigo. Cada suco do seu rostro é unha cicatriz que leva con t#blgtk08#anta elegancia que... E non é paixón de filla, é a realidade que leva vivido. En serio.

Grazas.
Comentario por A nena do paraugas (15-01-2010 18:50)
3 Disfruta cada minuto con ela, por #blgtk08#favor. Nunca te arrepentirás. Bico
Comentario por Chousa da Alcandra (16-01-2010 00:58)
4 Estou ben seguro de que non precisas mais herdanza. Os sucos que debuxas nos teus versos so#blgtk08#n a vida enteira...A fotografía e fonda coma o teu poema, chea de ternura.
Un bico.
Comentario por Xosé Piteira (31-01-2010 07:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.