A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII - INSOMNIO
Será que o sono me sorprendeu
coa alma descuberta
e se axitou a alma mesma entre as sabas.
Será que a noite floreceu
sen eu sabelo
e as flores cubriron de sombra os meus cabelos.
Será que o inquedo soño soñou
un soño verdadeiro
e esvaeceu o meu corpo no aire do cuarto.
Será que respiraba aos saloucos,
perseguida a miña pel
por mil pantasmas.
Será que o tempo de estrelas fuxiu
sen deixar rastro
e a escuridade pousou
a súa man sobre esta cama.
Será que, fugaz, achegouse
aos meus labios
un alento efémero e o meu ser
buscaba tras os lenzos alento interminábel.
Será, tal vez, que emprendín
a dura carreira de fondo
cara ao incerto abismo
da miña soidade
e os meus pés, sedentos de repouso,
seguen aínda errantes...
Será que, sendo, non son eu
quen durme cada noite
sen durmir
e esperta á madrugada
co primeiro son do orballo,
sen un sorriso
ao outro lado da almofada.

Concha L. F.
Comentarios (3) - Categoría: Aros de fume-Brétemas - Publicado o 11-01-2010 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A pesares de que o insomnio non é prato de bo gusto, gústame a suposta sombra das flores sobre os cabelos. Afondando máis: Por moi flores que sexan, non sei eu#blgtk08# se terán licencia para proxectar sombra nos cabelos femeninos...

(E para durmir mal, vexo a cama pouco desfeita!)

Bico desperto
Comentario por Chousa da Alcandra (13-01-2010 15:59)
2 Esquecinme de preguntar. Non serías ti esta nena? :
h#blgtk08#ttp://chousadaalcandra.blogspot.com/2009/08/escenarios.html
Comentario por Chousa da Alcandra (13-01-2010 15:59)
3 Pode, pero creo que o meu paraugas adoita taparme máis das chuvias do int#blgtk08#eriror de Galiza, ca das da costa.

Grazas polo comentario.
Comentario por A nena do paraugas (13-01-2010 17:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.