A NENA DO PARAUGAS


A miña debilidade é a miña fortaleza
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro.

O meu perfil
meninhalf@gmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

GALEGO

Hai trinta anos, cando comecei a estudar maxisterio, ofrecéuseme a posibilidade de estudar galego, coma materia optativa e, daquela había dúas entidades que dedicaban os seus esforzos á normativización do noso idioma, o Instituto da Lingua Galega e a Real Academia, ademais da ASPG, que propoñía unha terceira vía, o galego reintegrado.
Teño que dicir que fun educada en lingua castelá, pero a miña lingua habitual foi sempre o galego, posto que no rural era o que se falaba. Tamén teño que dicir que, lonxe de crearme confusión as tres formas de entender a evolución da lingua galega, o que fixeron foi enriquecer o meu coñecemento, na lingua galega oral e escrita.

Todo isto ven a conto de que sigo sen entender esta teima política de desvirtualo todo, coma se tivesemos que volver a aquel tempo da miña infancia, cando falar galego era cousa de aldeás paletas, sen cultura nin coñecementos. Claro que, de seguro, todas esas persoas que hoxe redactan decretos (borradores, seica) coma o que ven de publicarse, deben ser xentes que ou non saben ou non queren saber falar galego e, por elo, queren limitar o seu uso no ensino, posto que no fondo, deben ter un grande complexo de inferioridade lingüística.

Engado outra experiencia. As miñas crianzas estudaron galego na súa etapa obrigatoria e postobrigatoria. Tamén inglés e castelán e non por elo teñen ningunha deficiencia nin confusión lingüística. Coma elas, os seus compañeiros e compañeiras de xeneración. Estas persoas, na actualidade non lles queda outra que botar a andar polo mundo adiante, moitas delas no estranxeiro, para atopar traballo e deféndense perfectamente en inglés, sin que a obrigatoriedade do ensino de moitas materias do currículo en galego supuxese un atranco para facerse entender fóra das nosas fronteiras e, cando veñen, saben falar galego en Galiza, coas xentes galegas.

Pregúntome entón, onde está a xustificación desta inquina contra a lingua galega? Será que son demasiado inxenua e penso que non existen fronteiras lingüísticas?

Concha L. F.
Comentarios (4) - Categoría: Eu son... - Publicado o 31-12-2009 07:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Poida que eu sexa tan inxenua coma ti pero tamén penso que non existen fronteiras lingüísticas; as fronteiras facémolas as persoas ao non respectar o diferente. En lugar de ver que as diferencias enriquécennos a todos algunhas persoas ven nisto un obstáculo. É unha mágoa que os que teñen poder sexan tan "curtos" de mente e non saiban entender que #blgtk08#as linguas suman, e o que é peor, non vexan que cando a lingua propia está en desventaxa hai que "discriminala" positivamente.
Aínda así eu sigo sendo optimista: non creo que poidan levar adiante ese "decreto" e a auga ha volver ao rego.
Nunca choveu que non escampara.
Parabéns de novo polo teu blog, e feliz e fructífero 2010.
Comentario por Eva G. Rei (03-01-2010 16:31)
2 Apunta a outro inxenuo para o colectivo.
Vinme totalmente reflectido no teu discurso; así que unicamente me queda aplaudir. Fareino coas orellas, xa que s mans téñoas ocupadas #blgtk08#asinando contigo o teu post.

Ogallá Eva G. Rei fique no certo, e que a auga volva ó rego...

Un pracer a descuberta.
Envío un bico dende a Chousa
Comentario por Chousa da Alcandra (13-01-2010 15:53)
3 Non sei se a auga volverá ao rego, o que sei é que o rego, se non se limpa de maleza, pode desparecer.
Creo, como dis, que o problema destes señores é o grande complexo de inferioridade en que foron educados. Non foron quen de superar a concepción de que o galego era unha lingua atrasada, non válida para a vida m#blgtk08#oderna.
Cando falan de bilingüismo o que queren dicir é diglosia (aumentar a diglosia na poboación moza) e cando falan de trilingüismo o que deben querer dicir é incompetencia absoluta.

Que duro é pandar cos complexos de outros.

Volverei con tempo para ler o resto ;)
Un saúdo
Comentario por xenevra (13-01-2010 23:25)
4 Grazas polos comentarios e agardo, tamén, pacientemente que todo volva ao lugar que lle corresponde. En canto, o #blgtk08#21 non traballarei, pois creo que teño que ir a Compostela... e non precisamente gañar o xubileo.

Comentario por A nena do paraugas (14-01-2010 18:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Concha L. F.