A miña debilidade é a miña fortaleza |
|
Vivo pechada nunha gaiola de pensamentos, por vontade propia e gústame perderme entre as letras e os sons que me acompañan no meu encerro. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
I - AZUL SALGADO |
|

Move a man mansamente o berce,
descansa o universo,
fúndese e adormece...
e arremuíñanse os cabelos do vento
e axítanse sobre o profundo azul.
Vai e ven o branco encaixe,
golpea, acariña,
perfora e repousa...
e coroa desfacéndose en mil fíos
que se elevan e descenden
e rozan levemente
e bican
e escapan fugaces para volver,
arrastrados polo ímpeto,
pousar no intenso azul.
Soidade inmensa,
sonora quietude,
silencioso murmurio compasado,
espello infinito da bóveda dos soños,
manso leito da natura,
útero fértil,
cadaleito de vidas,
sereno desacougo...
Misterioso e eterno azul.
Concha L. F.
|
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
vaia, que ben retratado o mar neste poema teu!
(gustoume o do encaxe, e o desfacerse en mil fíos... porque#blgtk08# algunha vez pensei na escuma contra as rochas nos acantilados da coruña, coma unha grande e cambiante puntilla) |
|
|
Comentario por Zeltia (17-04-2010 21:32) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|